Antonio Gato: ''A Feira de Santos forma parte da cultura galega, non hai quen non a asocie a Monterroso''

Con motivo da festividade de Todos os Santos, Monterroso recibirá un ano máis miles de visitantes

Como acontece todos os 1 de novembro, Monterroso recibirá mañá miles de visitantes con motivo da feira de Santos. Unha tradición cuxas orixes se perden na Idade Media e da que fala o alcalde, Antonio Gato.

Cales son as expectativas para a presente edición da feira?

As previsións para esta feira son sempre moi grandes. Dáse a circunstancia de que a crise parece que acentúa a venda ambulante e neste aspecto aumentou o número de licenzas con relación a outras edicións. Serán máis de mil postos nos que se ofrecerán todo tipo de produtos. En canto ao número de visitantes, esperamos que se supere de novo a barreira dos cen mil, aínda que neste sentido se depende un pouco máis da climatoloxía. Dende logo se non chove, o abarrotamento será total.

Que supón esta feira para Monterroso?

Para a localidade a Feira de Santos é unha oportunidade que nos permite situar a Monterroso no mapa de Galicia e de España. Supón un grande escaparate e, á vez, esixe un grande esforzo, xa que todo debe estar preparado para facer que os visitantes se encontren o máis cómodos posible. Neste sentido, destaca a implicación do propio pobo. Amplíanse as rúas do recinto feiral, habilítanse terreos para aparcadoiros e instálanse carpas onde a xente poida comer. É un día no que todo o pobo se transforma.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios