Antonio Díaz Calvo: ''A Terra Chá es un paraíso micológico impresionante''

Antonio Díaz Calvo // FOTO: Cristina Arias

Antonio Díaz é o cociñeiro do restaurante Andarubel, ubicado nas Fragas do Eume. É ademais un gran apaixoado da micoloxía e os cogomelos son un produto estrela nos seus pratos. Recentemente asistiu á XXV Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes

os cogomelos e a cociña son as súas dúas grandes paixóns. Antonio Díaz é natural de Pontedeume, aínda que está moi vinculado á Terra Chá, onde participa regularmente como experto en xornadas micolóxicas. Actualmente reside na parroquia de Ombre, na entrada do Parque Natural Fragas do Eume, onde é cociñeiro do restaurante Andarubel, É membro da empresa multinacional Manitowoc, especializada en maquinaria para o mundo da hostalaría, e colabora, así mesmo, con diversas asociacións de produción alimentaria. Díaz é un home polifacético e asegura que cando ten un minuto libre sae ao campo na búsqueda do seu tesouro, os cogomelos, para estudalos e recolectalos.

Por que se decantou polo mundo da micoloxía, foi vocacional?

No mundo da cociña cada vez é máis frecuente que, sobre todo no outono, os cogomelos entren a formar parte das cartas dos restaurantes. No meu caso foi xa estudiando, cando grazas a un dos meus mestres de cociña, moi afeccionado á micoloxía, entrei neste mundo, e quedei prendado.

Un dos aspectos fundamentais á hora de saír ao campo é coñecer as especies. Cantas variedades hai na Terra Chá?

A Terra Chá é un paraíso micolóxico impresionante, do máis diverso. É imposible determinar cantas especies hai pero os distintos hábitats que existen fan que sexa unha zona única, tanto para o estudo como para a recolección de cogomelos.

Hai algún cogomelo característico nesa zona?

Se falamos de cogomelos comestibles, hai 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios