Xosé Lois Ripalda: ''Antes el vino se hacía con los pies, ahora en las bodegas modernas, con la cabeza''

Xosé Lois Ripalda.
photo_camera Xosé Lois Ripalda.

XOSÉ LOIS RIPALDA, autor da obra 'O Cultivo do Viño', que se presenta en Chantada.

de neno axudaba aos seus pais na vendima. El non carretaba cestos de uva, pero aportaba a súa pequena contribución aos traballos de recollida. Facíao co agarimo co que hoxe recopila recordos daqueles tempos no seu libro ‘O cultivo do viño’ que presentará este venres na adega Terras Bendaña. Nas súas páxinas Xosé Lois Ripalda, nado en Erbedeiro, no municipio de Carballedo, fala de arrieiros, baiucas, regueifas entre pobos e, sobre todo, dalgo que non quere que se perda nunca, o viño da casa.

Que poderán atopar os lectores na súa obra?

É unha enciclopedia na que fago un relatorio das formas nas que se cultivaba o viño nos anos corenta e cincuenta. Sobre todo recupero as vivencias personais da miña infancia, cando axudaba aos meus pais a facer a vendima nas viñas que tiñan en Chantada. Creo que é preciso que agora que a xente das aldeas vai morrendo alguén lle conte ás novas xeracións aquel traballo tan bo que se fixo de xeito artesanal e que hoxe se realiza como se de algo industrial se tratase.

Cambiou tanto o proceso de elaboración do viño?

Eu coido que si. Antes o viño facíase cos pés, agora coa cabeza. As adegas convertíronse en laboratorios de barricas metálicas onde todo está estudado e se sabe perfectamente o que se lle debe botar ao producto para que saiba ben, pero no pasado non. Daquela todo dependía da maña do artesán e un viño da casa era bo ou malo, non se falaba dun viño afrutado ou con tintes acedos como din hoxe nas catas os expertos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios