Porteiro do Xermade

Ángel Prieto Miragaya impediu ao San Ciprián facerse coa vitoria con dúas paradas

Segunda Galicia Norte
XERMADE_ANGELPRIETO
photo_camera XERMADE_ANGELPRIETO
O San Ciprián e o Xermade disputaron un partido moi igualado non que a posesión de balón foi para o local e as contras do visitante. Adiantouse o San Ciprián e nese momento rompeuse o partido aínda que o visitante non tardou en empatar despois de arriscar. Nos últimos 20 minutos o protagonista foi Ángel Prieto, o porteiro visitante, que impediu dúas ocasións moi claras do San Ciprián para facerse cos tres puntos ademais doutras actuacións.