Ángel Carreira: ''Las revueltas en el mundo árabe obedecen a las ansias de libertad''


O periodista da Milagrosa Ángel Carreira ofreceu onte unha conferencia no Centro de Prensa de Lugo e falou da súa experiencia en Tunisia e Exipto a principios de ano, xusto no intre en que a denominada Revolta dos Xasmíns iniciaba a súa expansión pola polvoreira do mundo árabe

A revolta en Tunisia que rematou coa ditadura de Ben Alí foi a súa primeira experiencia como xornalista en primeira liña de conflitos internacionais. Aos poucos días de regresar a Madrid, Antena 3 enviouno a Exipto para dar cobertura á revolta que motivou a caída de Mubarak. Agora Ángel Carreira, de 30 anos, gozou dun descanso entre a Milagrosa e Barreiros e onte ofreceu unha conferencia, no Centro de Prensa de Lugo, sobre a súa vivencia deste momento histórico.

O mundo árabe semella un polvorín onde prende a democracia. Como viviu a sús experiencia?

En Tunisia saías á rúa co micrófono e a cámara e inmediatamente tiñas un montón de persoas arredor pedindo que a súa voz se escoitase, que saíse ao mundo. En Exipto a situación foi moi distinta. Tivemos dificultades para traballar porque había elementos infiltrados do antigo réxime que estaban a favor de Mubarak e non querían que marchara, polo que saír á rúa coa cámara ou ter rasgos occidentais era xa un pasaporte para que che deran unha paliza.

Percibiu a violencia tamén en Tunisia ou foi en maior medida unha característica da revolta exipcia?

A violencia consistía no xeito en que as policías de ambos os dous réximes reprimían as protestas. Había forzas represivas, houbo mortos nas protestas e a xente comenzou a ter medo. Había elementos infiltrados e en Exipto falábase de presos que saían dos cárceres para crear o caos. Mubarak buscaba amedentrar ao pobo para calar as protestas e tamén Ben Alí empregou o medo como arma.

En Libia as protestas contra Gadafi tornáronse nunha rebelión contestada cunha resistencia feroz. Cre que antes ou despois triunfará a democracia no mundo árabe?

A situación básicamente é a mesma en moitos dos países. As persoas protestan para acadar melloras e rematar coa corrupción. Son moitos anos de ditadura e de réximes autoritarios. O que queren é ter a liberdade que se vive en Occidente. Somos, para moitos deles, o exemplo a seguir, o modelo de vida que queren implantar.

Cal é o papel de internet e dos medios tradicionais na loita destes países pola democratización?

O papel de internet foi decisivo nas revoltas. Non o principal impulsor, porque iso está na xente, nas súas mentes e no desexo de cambio, pero si é un medio de comunicación moi eficaz. Pese ás restricións e ás censuras foron moitos os que conseguiron fuxir das limitacións e difundir as ideas. En Tunisia a revolta estendeuse con grupos en Facebook, co Twitter, mensaxes de correo... Foi o aglutinante para moita xente.

En Libia a represión é máis sanguenta, pero as revoltas semellan estendidas, en maior ou menor medida, por todo o mundo árabe.

A revolta está estendida. Habería que mirar o caso concreto de cada país, porque son diferentes aínda cunha base común, pero neste momento no mundo árabe xurde un sentimento de cambio.

Hai quen augura a posibilidade dun repunte do terrorismo islamista en resposta á democratización.

Hai voces que din que a democracia en Oriente Próximo pode ser unha vía de entrada para os radicais islámicos... Polo que eu vin en Tunisia e Exipto hai moita xente que non está en absoluto de acordo. Demandan acadar unha democratización ben establecida, a través de partidos políticos. A xente sabe moi ben que é o que quere e aínda que o radicalismo islamista puidera ter un primeiro momento de auxe non creo que vaia ser o principal problema.

Cal debe ser o papel de Occidente. Son imprescindibles o apoio armamentístico ou as guerras civiles para poder acadar a paz?

É moi difícil de prever. En Tunisia e Exipto foi algo que se solucionou de maneira interna. En Libia, o apoio de Estados Unidos, Francia, Italia..., de Occidente en xeral é unha forma de presión cara os dictadores. O que estamos a ver é un exemplo, pero en Libia, polo momento, non parece que vaia haber un maior despliegue militar dos paises occidentais...

Existen nestes países dúas sociedades, a rica e a moi pobre?

En Exipto, o que máis movilizou á xente máis pobre, que é o 40 por cento da poboación e cun grao moi alto de analfabetismo, foi ver como a xente rica tamén saía á rúa a protestar. Entón estamos falando dun asunto que non ten que ver co nivel de riqueza nin de educación, senón que as revoltas obedecen ás ansias de liberdade, é unha reclamación política. Penso que non ten que ver, polo que vin alí, con diferencias de estamentos; todos comparten o desexo de saír adiante.

Os que teñen o petróleo tamén?

No caso de Arabia Saudí, incluso como pasou en Bahrein, as protestas están sendo moi silenciadas. E si é que as hai, apenas nos enteramos do que pasa. Fóra diso, a verdade é que tampouco temos medios para coñecer os hilos do que se está movendo alá. Supoño que cos anos enterarémonos.

Ten pensado voltar ao mundo árabe para seguir informando do que acontece alí?

Gustaríame. Se nos deixan ir e hai medios voltarei, encantado. Pero non depende de mín. É decisición da empresa na que traballo.

Comentarios