Amor e Docampo declaran o mesmo que Roel sobre as licencias no xulgado

O xulgado de Viveiro continúa a toma de declaracións dos integrantes da xunta de goberno local do primeiro mandato de Melchor Roel imputados por un suposto delito de prevaricación urbanística ó conceder no ano 2006 once licenzas con informes contrarios baixo a fórmula do silencio administrativo. Logo de tomar declaración ó alcalde o xoves, onte fixérono os exedís socialistas Rafael Fernández Amor e José Luis Docampo, que testificaron o mesmo ca Roel, é dicir, que ninguén os advertiu de que estaban incurrindo nunha ilegalidade ó outorgar as citadas licenzas.

Os outros dous integrantes desa xunta de goberno local son os nacionalistas Francisco Luis Rodríguez Guerreiro e César Naval Parapar, que declararán hoxe.

A xunta de goberno outorgou os permisos por silencio administrativo -porque o Concello non contestou no prazo estipulado a demanda dos particulares e empresas que pedían as licenzas-, pero finalmente deunas con informes técnicos e xurídicos negativos, nalgúns casos, e noutros ca falta de autorizacións obligatorias como as das direccións xerais de Patrimonio ou Urbanismo.

Penas

Por isto, os imputados enfróntanse a penas de seis meses a dous anos de cárcere ou a multas no caso do suposto delito contra a ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico. Por outra banda, o presunto delito de prevariación urbanística contempla para eles penas de inhabilitación especial para emprego ou cargo público durante un periodo de sete a dez anos.

Comentarios