Amizades perigosas, pero que interesan

O MUNDO móvese por intereses comerciais, por diante dos políticos. Nos estados priman os primeiros sobre os segundos, por iso se dan relacións perigosas, pero que interesan, como as duns cantos países occidentais con outros árabes escasamente respectuosos cos dereitos humanos en xeral e das mulleres en particular. E neste arriscado vínculo tamén está España con Guinea Ecuatorial, e aínda que non se lle abren todas as portas ao ditador Teodoro Obiang tampouco se lle pechan, por iso Rajoy rexeita entrevistarse con el, pero acepta unha cea xuntos (logo recúa); igual que non existe unha invitación persoal para o funeral de Suárez, pero é o único xefe de Estado que acode, se ben non se permiten fotos dos saúdos coas autoridades españolas. Este cinismo do si pero non amosa a dobre cara, tan estendida, de quen critica ditaduras pero negocia con elas. Cuestión de petróleo.

Comentarios