Amigos de patrocinadores do terrorismo

(*)

A MELLOR homenaxe que se lles pode facer aos ilustradores asasinados a semana pasada en París é a publicación mañá do novo número de Charlie Hebdo. A idónea resposta á barbarie é a representación gráfica da liberdade de expresión como valor innegociable tamén aquí na mesma data. Isto por parte dos periódicos, que a pesar da súa vulnerabilidade non dubidan en exteriorizar a defensa dos principios democráticos; pero hai outro labor reservado aos representantes estatais, pois sobrepasa a tarefa da sociedade civil, que debería ser a radical oposición a países que patrocinen actividades terroristas ou mesmo guerras abertas. Todos saben quen son, pero prefiren ser amigos deles porque nadan en petróleo, e este cinismo facilita a brutalidade. Porque, de onde saen os tanques do Estado Islámico? E todo o armamento de grupos fanáticos chapodadores da liberdade? A resposta é ben sinxela.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo, publicado en la edición impresa de El Progreso del día 13 de enero del 2015.

Comentarios