Amelia Blanco: ''Estamos los de siempre, si no entra sangre joven esto acabará muriendo''

Amelia Blanco. Foto: IG
photo_camera Amelia Blanco. Foto: IG

Ribadeo xa se atopa ás portas do Entroido e, detrás dun dos puntos de referencia na Mariña nestas datas, está esta muller, que rematou mudando a súa dimisión do comité organizador pola presidencia.

 

festas PARA nenos, desfiles, charangas e comidas. Todo é ledicia durante o Entroido, sen embargo a xente esquécese normalmente de que a xeración espontánea non existe, ou que polo menos, nunca foi ramista. Amelia Blanco preside este ano a comisión encargada de organizar a festividade, meses despois de dimitir da mesma, e o único que lle pide a Ribadeo é que saia ás rúas a desfrutar.

Como é que chegou a ser presidenta da comisión do Entroido?

O certo é que eu xa formara parte da comisión, pero precisamente o ano pasado dimitín. O que pasa é que o Concello presionounos para que Ribadeo non se quedara sin festas, e se alguén cho pide con tanto interés pois acabas meténdote, e toucoume ser presidenta.

Non debe ser sinxelo organizar todas as festas...

Róubache moito tempo. Nós levamos xa máis dun mes traballando continuamente para preparar todo. Fomos facendo reunións cada poucos días para ir detallando o programa e tamén para saber como nos íamos financiar.

De onde saen os cartos para pagar o custo de toda a festa?

Fixemos rifas para dous sorteos, un para pasar unha fin de semana no Parador de Baiona ou no de Ribadeo, e outra para o tradicional cocho. Ademáis, sacamos un programa que ten anuncios, e o Concello tamén colabora cedéndonos varias cousas, como o camión para o desfile.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios