miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Alternancia de nubes e claros este xoves en Galicia

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso e as máximas quedarán sen cambios 

O xoves Galicia continuará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do noroeste. Así, agárdase unha xornada de alternancia de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco illado na metade norte e ceos con máis claros na provincia de Ourense.

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo do noroeste.

Meteogalicia

Alternancia de nubes e claros este xoves en Galicia
Comentarios