Allende

Escribe Pablo Neruda o 14 de setembro de 1973: "O meu pobo foi o máis traizoado neste tempo. Dos desertos do salitre, das minas submarinas do carbón, das alturas terribles onde mora o cobre e é extraído con traballos inhumanos polas mans do meu pobo xurdiu un movemento libertador dunha magnitude grandiosa. Ese movemento levou á presidencial de Chile a un home chamado Salvador Allende para que realizara reformas e medidas de xustiza inaprazables, para que rescatara as nosas riquezas nacionais das gadoupas estranxeiras". Así comeza un emocionante relato en que o poeta narra a morte de Allende acontecida tan só tres días antes e así nolo lembra no seu testamento que é Confieso que he vivido. Traio hoxe a Allende porque conmemoramos o centenario do seu nacemento (1908-1973) e con el a Silvio Rodríguez na súa Cita con ángeles: "Septiembre aúlla todavía su doble saldo escalofriante todo sucede un mismo día gracias a un odio semejante. Y el mismo ángel que allá en Chile vio bombardear al presidente, ve las dos torres con sus miles cayendo inolvidablemente". Porque a Historia é cíclica e tráenos a evidencia de todas as historias deberamos lembrar a Allende. Porque a esperanza non nos exime dos que furan contra ela cunha violencia extrema.

Comentarios