Alimentos Lácteos retiene 1,6 millóns de unos cien ganaderos de Gancobre

Gandeiros de Pol, Riotorto e A Pastoriza, con Elva Carreira e Cosme Pombo (dereita). (Foto: C.Pérez)
photo_camera Gandeiros de Pol, Riotorto e A Pastoriza, con Elva Carreira e Cosme Pombo (dereita). (Foto: C.Pérez)

Un grupo de gandeiros da cooperativa Gancobre da Pastoriza cifrou en 1,6 millóns de euros a cantidade que Alimentos Lácteos lles deixou de aboar aos preto de cen socios da entidade que lle subministraban o leite á planta de Outeiro de Rei ata o pasado mes de xuño.

Os afectados, procendentes do propio municipio pastoricense y e dos veciños Pol e Riotorto, precisaron que a capital social se destinaron uns 800.000 euros e ao redor de 600.000 foron para créditos participativos. Aínda que non a todos os socios se lles debe o mesmo, hainos que deixaron de cobrar máis de 50.000 euros, se ben a maioría oscilan entre os 20.000 e os 30.000 euros. Tamén varía o tempo de débeba acumulado, que nalgúns casos chega a catro meses e medio -outubro do 2011, marzo, abril, maio e parte de xuño do 2012-.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios