Alimento para o separatismo

COMA case todos os anos, nestas datas reproducíronse as mensaxes demandantes de boicots con fins políticos. Tampouco é unha excepción que a principal diana a aguilloar sexa Cataluña, pero lon-xe de centrarse no cava, como era tradicional por ser a típica bebida de brinde, agora as campañas alcanzan moitos outros produtos, todos eles alimentarios. Atacando o nacionalismo periférico transloce outro nacionalismo, máis rancio aínda, o centralista que non admite variantes, e recorre á historia común como dogma inmobilista. Estes días circulou pola rede un vídeo indecente no que se sinalan varias marcas para que non sexan consumidas polo feito de pertencer a empresas con sede en Cataluña, como se así se atacara aos votantes ou os dirixentes de CiU, ERC ou CUP, cando o que realmente conseguen os que o propagan é darlle pulo aos que pregoan que España os ataca.

Comentarios