Alfredo Vázquez Sanjurjo: ''Queríamos acercar películas de fuera del circuito comercial''

SAC1611P8F1.JPG
photo_camera SAC1611P8F1.JPG

Un dos fundadores do cineclube monfortino A Calexa, Alfredo Vázquez, relata a traxectoria e as actividades dun colectivo que cumpre neste mes 15 anos de traballo a prol do cinema co impulso dunha mostra de filmes que acada a súa décima segunda edición.

alfredo vázquez é o presidente do cineclube monfortino A Calexa. Se ben a súa profesión nada ten que ver co cinema, este sector tráelle grandes satisfaccións. Dende o seu regreso ao Monforte natal dende Barcelona hai 18 anos impulsou diversas actividades sociais na localidade, entre elas o colectivo cinéfilo.

O cineclube A Calexa cumpre quince anos e pódese dicir que unha das mellores maneiras de celebralo é cunha nova mostra de cine . ¿Como xurdiu este colectivo?

Pois hai agora quince anos, o xornalista Jorge Casanova tomou a iniciativa facendo un chamamento a todos os cinéfilos da zona a través da prensa. Aínda que esa primeira convocatoria non acadou gran éxito, eu fíxenme eco dela. Mantiven un encontro con Casanova e realizamos un novo chamamento. A partir de aí acudiron numerosas persoas que xa formaran parte dunha asociación similiar chamada Monteforte nos anos 80. Nunha primeira reunión, que tivo lugar un 16 de novembro xuntámonos unhas 25 persoas e ese foi o nacemento de A Calexa.

¿Como xurdiu a mostra de cine que chega nestes días á súa décimo segunda edición?

A primeira mostra impulsouse no ano 1999, e dende aquela, excepto un ano, houbo continuidade. A idea primeira e fundamental era a de achegar a Monforte aquelas películas que non estaban no circuito comercial. Por dicilo dalgunha maneira, traer algo de cine independente. O noso logotipo está inspirado no do festival de Sitges, baséase no icono cinematográfico do gorila sobre a Torre da Homenaxe que simboliza Monforte.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios