Alfredo Llano: ''Les ahorramos 2,7 millones a nueve concellos para implantar la administración electrónica''

Alfredo Llano, na sede provincial (Foto: AMA)
photo_camera Alfredo Llano, na sede provincial (Foto: AMA)
O exalcalde de Burela loita agora, desde o goberno provincial, para que a Costa siga aportando a terceira parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Lugo.

O FONSAGRADINO Alfredo Llano, de 58 anos, forma parte do Partido Socialista dende hai máis dunha década. Integrouse na vida de Burela ata o punto de chegar á alcaldía desta vila, entre 2007 e 2011. Actualmente, vive adicado de cheo a súa faceta como responsable da área do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, formando parte do goberno da Deputación Provincial de Lugo. A esixencia deste novo labor que desempeña, fíxolle imposible compaxinalo co seu traballo como profesor do instituto burelés Perdouro, pero o seu reto está claro: «Quero que a miña comarca prospere e siga sendo un referente en innovación e emprendemento».
 
Que foi o máis destacado que o seu departamento fixo pola comarca da Mariña ata o de agora?
 
Aforrámoslles ós nove concellos da Mariña que voluntariamente se sumaron ó programa tecnolóxico Innova-TE, 2,7 millóns de euros na implantación da administración electrónica, que é un servizo que as administracións públicas estamos obrigadas a implantar por lei. Na actualidade temos en marcha a segunda fase deste proxecto, co que, entre outras cousas, ímoslles ofrecer a eses concellos -Viveiro, Riotorto, Ribadeo, A Pontenova, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Cervo e Burela- a creación, a custe cero para eles, de prazas con acceso wifi, libre e gratuíto. Deste xeito, os veciños poderán acceder a internet nestes espazos públicos e no consistorio, desde calquera dispositivo móbil, coma un ordenador portátil ou un teléfono.
 
Como pensa fortalecer o tecido empresarial da comarca?
 
Mediante o proxecto Reacciona coas TIC, a través do que lles ofreceremos asesoramento gratuíto e personalizado a empresarios, autónomos e emprendedores para que usen as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas ás súas necesidades. Queremos que os nosos empresarios gañen cota de mercado, aumenten os beneficios, poidan xerar emprego e melloren a calidade da atención ós clientes.
 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios