Alfonso Otero Regal: ''Hay interés por productos nuestros para inaugurar el Museo Picasso de París''

Otero Regal, cunha das súas obras (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera Otero Regal, cunha das súas obras (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

A empresa vivariense Regal Cerámicas acudiu por noveno ano consecutivo á cita internacional, que vén de celebrarse en París. Foi o único artesán que representou a Galicia e esta vez a súa participación estaba máis dirixida a tendas e galerías especializadas en obxectos de arte. 

alfonso otero Regal participou un ano máis nunha das feiras de referencia a nivel internacional, a parisina Maison et Objet, da que volveu con novos contactos e oportunidades de negocio.

Que valoración fai da súa participación este ano?

Valoramos a exposición como moi positiva. Fomos só dous representantes españois, unhas rapazas madrileñas e nós, e contamos repetir no próximo mes de xaneiro. Nesta ocasión participamos sen o paraugas de ningún organismo galego. Solicitamos axuda á Deputación Provincial de Lugo e á Xunta de Galicia pero non me contestaron; é curioso que despois digan que hai que saír fóra.

Que tal foron as ventas?

Foi moi interesante, concretamente por exemplo os pedidos máis importantes fixémolos para diferentes destinos internacionais, como Estados Unidos, Francia, Alemania, Hong Kong, Italia, Dubai, Inglatera ou Brasil.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios