Alfonso Hermida: ''Otros deportes aprovechan el hueco que les deja el fútbol en el verano''

Alfonso Hermida. AEP
photo_camera Alfonso Hermida. AEP

Alfonso Hermida. Xornalista deportivo da televisión de Galicia.

As súas orixes e o seu pasado atópanse en Vilalba, o seu presente máis o futuro máis próximo tamén, nada máis e nada menos que pregoeiro das festas.

Efectivamente. Esta non é a primeira vez que me chaman, estivera dando o pregón nunha feira do queixo de San Simón, e agora ofrecéronme facer o mesmo no San Ramón. A miña familia paterna é de alí, e a pesar de que a vida te leva por outros derroteiros e a relación coa vila non é a mesma que tiña hai tempo é unha honra.

Unhas festas que marcan, case, a fin do verán e o inicio do resto do ano. Tamén pasa cos deportes, iniciase a temporada de fútbol, e remata practicamente a doutros deportes que soamente saen a escena no período estival...

Estes deportes teñen que aproveitar o oco que deixa o fútbol, xa que a chegada do verán deixa tempo para que se fale doutra cousa; cando chega o inverno, moitas disciplinas vense abrumadas por todas as páxinas e minutos que os medios lle adican ó fútbol, pero o certo é que no verán a actividade deportiva non só non diminúe, senón que aumenta. Tamén é tempo de que os xornalistas deportivos aumentemos o noso valor pedagóxico.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios