jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A alfombra vermella

Hollywood estende estes días a alfombra vermella para celebrar o domingo a tradicional gala dos Oscar, a gran festa mundial do cine e do glamour que alcanza a súa edición número 85. Como é tradicional, o escenario da celebración será o recentemente renomeado  Teatro Dolby de Hollywood –antiguo Teatro Kodak–, e retransmitirase para todo o mundo en directo a través da canle ABC.

A película Lincoln, na que Steven Spielbert reconstrúe os últimos meses da vida do presidente Abraham Lincoln, é a gran favorita dos Oscar e conta cun total de 12 nominacións. Preséntase como principal rival a última aposta de Ang Lee, La vida de Pi, que conta a curiosa relación dun mozo e un tigre. Malia todo, a gran tapada pode ser Argo, de Ben Affleck, que o gañou case todo, aínda que o director non opta á estatuiña na súa categoría.

Entre as diversas categorías tamén hai dúas esperanzas para España: por unha banda, o deseñador Paco Delgado opta ao premio como responsable de vistiario do musical Los miserables; pola outra, Naomi Watts é candidata a mellor actriz por Lo imposible, a película de Juan Antonio Bayona. Finalmente, quedou fóra Javier Bardem no seu papel de malo en Skyfall.

Outra das curiosidades da gala deste ano é que Amor, a película austríaca de Michael Haneke, é candidata a mellor película e, á súa vez, tamén compite polo Óscar na categoría de mellor filme de fala non inglesa. Nas categorías raíñas, competirán os actores Hugh Jackman, Daniel Day-Lewis, Joaquin Phoenix, Bradley Cooper e Denzel Washington. Mentres que polo glamour da mellor actriz loitarán Quvenzhané Wallis, Emmanuelle Riva, Jessica Chastain, Naomi Watts e Jennifer Lawrence. Todas as quinielas apuntan a Chastain.

Por último, hai que ter en conta que o presentador da gala será o cómico Seth MacFarlane,de 39 anos e famoso polo seu papel na existosa serie televisiva Family Guy. Co seu humor corrosivo, ninguén na alfombra vermella estará a salvo durante a gala, que se retransmite de madrugada en Canal+.

PRINCIAPAIS NOMINADAS
-Lincoln (12)
-La vida de Pi (11)
-Los miserables (8)
-El lado bueno de las cosas (8)
-Argo (7)
-La noche más oscura (5)
-Amor (5)
-Skyfall (5)

ESTREAS DE CINE DE HOXE

‘Blue Valentine’ Cianfrance dirixe a Ryan Gosling e Michelle Williams neste drama de dúas horas sobre a decadencia dunha relación

‘El atlas de las nubes’ Volve Tom Hanks, neste caso con Halle Berry, nesta curiosa película que narra varias historias entrelazadas desde o século XIX ata o futuro

‘La extraña vida de Timothy Green’, cine de fantasía de Peter Hedges, que dirixe a Jennifer Garner e Joel Edgerton nesta curiosa cinta

‘Searching for Sugar Man’ Documental musical de selo anglosueco que narra a historia de Rodríguez, un músico desaparecido cuxa música revolucionou Suráfrica

‘Siete psicópatas’ Comedia negra protagonizada por Colin Farrell e dirixida por Martin McDonagh chea de grandes momentos e de moito sangue

‘Si fuera fácil’ Comedia americana que continúa coa historia de Lío embarazoso (2007) e que ten en Megan Fox un dos seus indubidables atractivos. Dirixe Judd Apatow

A alfombra vermella
Comentarios