Alejandro López: ''El vino sabe diferente en función del alimento que lo acompañe''

Alejandro López. Sumiller da asociación galega de viticultura.

Ribadeo acolleu durante dous días as xornadas Proba e Saborea o Noso que teñen como obxectivo promocionar os produtos autóctonos galegos e amosar que a combinación deles orixina un sabor único, como o que se obtén cun ribeiro mesturado cun queixo de Arzúa.

Non hai nada mellor que ter un bo mestre, porque así a lección apréndese de xeito máis doado. Neste senso, a aportación do sumiller Alejandro López a unha degustación de viño e queixo permite abrir novas vías e descubrir combinacións de sabores moi sorprendentes. Se aínda por riba todos os produtos son da terra, pois moito mellor. Durante dous días Ribadeo foi a sede desta experiencia dos sentidos que promove a Asociación Galega de Viticultura xunto coa Federación Rural Galega. Os veciños da vila que se achegaron ós bares participantes ou ben á praza de abastos, puideron comprobar por si mesmos como a mestura de sabores produce resultados do máis saborosos.

Que é o que promocionades ó longo destas xornadas?

Máis que promocionar, o que facemos desde a Asociación Galega de Viticultura é amosar e dar a coñecer os nosos viños, que saen da xuntanza de pequenas adegas. Neste caso en concreto trouxemos tres brancos e un tinto. Os brancos pertencen á denominación Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, mentres que o tinto é un Ribeira Sacra. Ao igual que o viño, tamén presentamos catro queixos, Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón e Cebreiro. Pois ben, o que amosamos a todo aquel que quere participar connosco é que hai combinacións exquisitas que producen sabores propios. Neste caso propuxemos mesturar o Rías Baixas co tetilla, o Ribeiro co Arzúa-Ulloa, o Valdeorras co Cebreiro e o Ribeira Sacra con San Simón.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios