Dianteiro do San Roque

Alejandro Hernández, Jano, marcou os tres goles cos que derrotaron ao líder na casa

Segunda Galicia Sur
SANROQUE_JANO
photo_camera SANROQUE_JANO
O dianteiro do San Roque Alejandro Hérnadez foi o autor dos tres goles que acabaron coa boa xeira do Oural. Mal partido para os visitantes, aos que lles pasou factura os erros na área, xa que comezaron perdendo no minuto 1, cando marcou o San Roque ante un Oural atónito. O segundo tamén foi un fallo da defensa, así como o terceiro. O equipo sarriao puido marcar preto do final, pero non foi quen de recuperarse.