Aída López Vale: ''Nunca sabes cuándo vas a acabar porque siempre encuentras sorpresas''


Diplomada en educación infantil pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado da Universidade da Coruña a mestra Aida López participou nos Encontros Pedagóxicos da Mariña, onde aprendeu o modelo Lingua Viva que como vicedense está a aplicar no seu concello.

a linguaxe é una das maiores manifestacións culturais dun pobo que, ademaís, ten moitas variedades locais. Ista premisa é a que se exportou co proxecto Lingua Viva, máis coñecido como Modelo Burela, xa que naceu nun obradoiro de divulgación da estratexia didáctica que puxo en marcha o IES Perdouro. Agora Aida López, unha das participantes, está a exportar este método o seu concello natal, O Vicedo, para aprender e descubrir un pouco máis da sua propia historia.

Que lle motivou a facer este estudo no Vicedo?

O motivo de que esté a facer este traballo é que estou a preparar unhas oposicións a mestra de Infantil e este estudo é unha documentación que poido engadir ó proxecto. Eu participei nos Encontros Pedagóxicos da Mariña dentro do obradoiro de divulgación da estratexia didáctica que puxo en marcha o IES Perdouro e foi así como aprendín a técnica desde modelo.

Cando comezou a elaborar o traballo e en que fase se atopa?

Comecei polo mes de novembro e polo momento estou na fase de investigación. Do que se trata e de recopilar os textos que están en galego e que fan relación ó Vicedo. Este periodo ten unha duración variable, xa que depende de canto tempo tarde en tatopar todos os documentos. Atopei poesías inéditas dunha persoa xa falecida e tamén dun residente. A maiores tamén estou a atopar algunha que outra cousa.

Unha ver rematada a documentación, cal sería o seguinte paso no proxecto?

Unha vez rematado isto pasaría a facer un estudo sociolóxico no que tería que comparar os diferentes documentos que existen sobre O Vicedo. O seguinte paso é o de extraer unhas conclusións nas que se vexan cal é o uso do galego que se fai no Vicedo a nivel escrito, analizando as súas peculiaridades, xa que hai unha cousa e a lingua normativa e outra o xeito no que se escribe en cada sitio, que sempre é diferente.

Empregase moito o galego no Vicedo?

Moito, a verdade é que si, xa que empregase a cotiá pero por iso tamén hai que analizar como se escribe.

Que outros motivos tivo para escoller o seu concello á hora de facer o estudo?

O principal é que vin que era factible, xa que o ía facer eu soa, polo tanto non podía escoller un concello moi grande, xa que o tempo de realización é enorme. O Vicedo no ten moita poboación, polo tanto era asequible que o fixese unha soa persona. Ademais, o feito de ser de aquí fai que sexa máis doado. Para elo conto coa colaboración do Concello, que presta as súas instalación e o seu material documental, así como o colexio.

Por que se decidiu a aprender este modelo que é bastante pioneiro no ámbito galego?

Básicamente foi porque coincidin nos Encontros Pedagóxicos con xente que xa coñecía, como é o caso de Bernardo Penabade, que fora profesor meu no Vilar Ponte. Púxenme en contacto con el e contoume o proxecto. Pareceume moi interesante e non dubidei en apuntarme.

Ten algunha data fixada para o remate deste estudo?

Non teño ningunha data de remate poruq edepende moito do que me leve a documentación. Segundo vas traballando aparecen novas sorpresas e hai que analizalas ben polo miuda.

Cal foi algunha destas sorpresas?

Por exemplo, ó aparecer a obra dun poeta de ares, do cal hai xa máis de cen poemas, xurdiron outros obxetivos. Pareceumen moi interesante o seu traballo e agora estou a ver se se pode publicar, o problema é que aínda hai unha maior cantidade de material, xa que este home ten familiares en Ares e fillos que recibiron os poemas en Barcelona, polo que se trata de recopilar todo o seu traballo.

Este Modelo Burela está xa realizado en moitos concellos de Galicia ou aínda é semidescoñecido?

Penso que o proxecto si que se explicou nalgún outro concello, pero é relativamente novo, polo que polo momento tan so se fixo en Burela. En canto remate o proxecto O Vicedo será o segundo concello no que será aplicado o modelo. De feito vou facer unha exposición cos primerios resultados o sábado día 12 na igrexa parroquial de Santo Estevo, onde se poderán ver algúns dos avances e conclusións que fun extraendo o longo deste tempo.

Participaras ou coñeces algún outro modelo similar o proxecto Lingua Viva?

O certo é que non, ou polo menos eu nunca oín falar do mesmo. En parte é normal xa que o Modelo Burela é bastante reciente e leva pouco tempo aplicándose nos concellos.

Comentarios