Agresividade na adolescencia

CASE SEMPRE unimos agresividade e violencia, pero non en todos os casos é así. Os especialistas en condutas adolescentes adoitan distinguir entre agresividade adaptativa (unha función de supervivencia) e agresividade maladaptativa (agresividade desinhibida ou non regulable onde a resposta do suxeito non é proporcional ao estímulo que a causa). Esta última é a que lles preocupa aos país pois xorde sen unha causa aparente e esta é a que máis posibilidades ten de desembocar nunha conduta violenta.

O adolescente está nunha etapa da súa vida na que é moi sensible á influencia do contorno, a baixa autoestima e a ansiedade, onde sofre moitos cambios e confusións que non fan outra cousa que aumentar o malestar que xa de por si viven os adolescentes, por iso é nesta etapa onde están más propensos a condutas agresivas.

A comunicación entre pais e fillos é fundamental, os pais non deben ser amigos, deben ser pais, pero tampouco deben ser detectives, deben por iso establecer un vínculo de confianza cos seus fillos para que estes non teñan vergoña de compartir as súas preocupacións, as súas preguntas acerca da vida, das relación cos amigos, do instituto…

Os pais deben deixar crecer, madurar e formarse como persoas os fillos, deben ser os acompañantes que os eduquen, mostrándolles as cousas sen tapuxos sendo sinceros en todo momento e co obxectivo de que sexan eles mesmos os que creen a súa propia conciencia de todo o que lles rodea e aprendan a formar opinións con criterio suficiente para quedar con todo aquilo que lles aporte cousas positivas e discriminar aquilo que xere cousas negativas.

É importante aprender a recoñecer as mensaxes non verbais que amparan o comportamento dos nosos fillos, cada unha ten unha razón de ser e ao aprendelas a interpretar, pódenos levar a comprender determinadas accións que a simple vista poden desconcertarnos pero que no fondo levan unha mensaxe de axuda e atención.

Cando nos convertemos en pais, empezamos a asumir un papel diferente, unha responsabilidade que de maneira case insconsciente nos leva a pensar que debemos ser firmes nos nosos sentimentos, pouco flexibles, ser un modelo de autoridade e aplicar as sancións disciplinarias que correspondan.

Pero non debemos olvidar que os nosos fillos son seres humanos, con defectos e virtudes, con sentimentos e limitacións persoais.

Recoñecer a súa agresividade como un comportamento que debe ser analizado, pedirlles que nos describan o problema, pódenos levar de maneira sutil a averiguar cales son as causas e os sentimentos que os levaron a ela, e así procuraremos que non se volva a repetir, polo contrario, se tomamos medidas drásticas o que faremos é reforzar esta actitude agresiva. Moitas veces non se sabe como actuar porque esas condutas van en contra dos principios e normas que se infunden na casa, pero é un reto e unha responsabilidade que aparece no mesmo momento no que somos país e que estará presentes ata a vida adulta do noso fillo.

Comentarios