''Ahora no me gusta tanto porque hay mucha trangallada''

Os Teleclubs, pezas de museo (Ilustración: VINICIUS)

ESCOITAMOS FALAR que viña a televisión, pero non sabiamos que era iso. Alí unha vez un señor trouxo unha e iamos todos a escoitala. Era unha festa polas noites. Daquela estaba moi bonita porque había moi bos cantantes. Mellor que agora. Agora non me gusta tanto porque hai moita trangallada.

Adelina Fernández Ferreiro / Piñeira / A Fonsagrada

Cuando ya en los setenta llegó la televisión a la aldea, recordamos a José Díaz Basalo un verano viendo el Un, dos, tres... y ofreciendo un buen puro a Kiko Ledgar, el presentador del programa, e invitando a las azafatas a un licor…Los tenía tan cerca que estaba seguro de que le oían, pero después de la falta de atención y respuesta a sus ofrecimientos venía el enfado, eran unos desconsiderados.

Antonio Rodríguez Díaz / Torbeo / Ribas de Sil

Fun a un concurso de Piñeiro, o Supermartes. Entón, cando saímos dixéronnos se queriamos apuntarnos para facer un concurso de Miss. Aputámonos dúas de Lugo e quedaron en chamarnos. A outra arrepentiuse e quedei eu. Chamáronme e viñeron entrevistarme a Lugo. Pasado un tempo, chamáronme para ir. Fun tres veces porque había que concursar con outras. Cunha de Vigo, outra de Pontevedra e así. Ían poñendo unha de cada pobo. Desfilamos catro, creo. Tiven eu máis votos e gañei. O premio era unha viaxe a Madeira. Asustáronme moito co aeroporto, pero a min non me causou ningunha impresión.

Remedios López Villar / Silvela / Friol

Daquela, como non había televisión, pola noite contaban historias de aparecidos, de pantasmas, ou de lobos e da Santa Compaña.. Era outra concepción distinta da vida. A televisión tivo outras vantaxes porque universalizou un xeito de entender a vida. É unha fiestra aberta en todos os fogares que contribúe á evolución pero tamén fixo que se perderan moitas destas tradicións. A meus fillos hoxe non tiven oportunidade de contarlles todas esas historias que me contaron a min. Eran cousas moi interesantes e case sempre terroríficas.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Polos anos 60, vin a televisión por primeira vez. E no 65 ou 66, mercamos o primeiro aparello, o cal supuxo outro fito moi importante na miña vida. Dos primeiros programas recordo “Herta Frankel e a perrita Marilín” e as obras de teatro de Estudio1 que veía con grande interese e me gustaban moito, especialmente, lembro o gusto por Los árboles mueren de pie, de Alejandro Casona.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Una de las primeras televisiones de la familia fue la mía, una Zenith muy grande. Había muchos programas que me gustaban, como el teatro de Estudio 1. Entonces no era todo el día. En cambio ahora no me entretiene porque siempre es igual y si pone usted la 5 es una porquería. Lo único que me gusta ver es el Telediario, aunque son todo desgracias.

Sara Armesto Pereiro / Monforte

Al principio la televisión se veía muy mal. La vi por primera vez en Valladolid. En casa no la tuvimos al mismo tiempo que llegó al mercado, ni muchísimo menos. El primer sitio donde recuerdo haberla visto en Lugo fue en un establecimiento que había en las galerías de Santo Domingo y que se llamaba Edufer. Tenían un televisor que también se veía bastante mal, pero allí íbamos. Y luego en los pocos bares de Lugo que la tenían.

Carlos Marcos Fernández / Lugo

Cando a primeira televisión chega a Meira é todo un espectáculo. Xuntabámonos todo o pobo para vela. Nos bares que a tiñan, como o Carballous e o Chispiñas, había que poñer bancos para os nenos. Viamos o fútbol e Bonanza.

Ramiro Martínez Carballosa / Meira

Meu pai traballaba nun cine e asemade era cinéfilo. Falaba das películas cando as miraba na televisión: “Esta estreneina eu en tal ano» Aínda que o peor era que as sabía de memoria e sempre contaba como acababan. Era fastidioso velas con el.

Fernando Arribas / Lugo

Si no me falla la memoria una de las primeras televisiones que hubo en Foz fue en el Pascasio y nos pasábamos horas y horas viendo todos los programas que había, y por las noches los que éramos un poco mayores nos quedábamos a ver: Bonanza, y después una serie de horror de Narciso Ibáñez Menta, padre del conocido Ibáñez Serrador*; para ir a casa después me entraba siempre un miedo terrible y bajaba corriendo y acojonado. Recuerdo que una noche después de ver las dos películas que eran los viernes, al llegar a casa mi madre me comentó que habían asesinado a John F. Kennedy. Cruel y triste muerte del todavía joven presidente. (* En realidad, Historias para no dormir era de Ibáñez Serrador. El padre fue actor en algún episodio)

Jesús Maldonado / Foz

La televisión que hoy nos está poniendo tantas muertes, tampoco nos hace ningún favor. No nos explican cómo sucedieron las cosas, lo cambian como quieren y los que tenemos algunos años, sabemos que no fue así. En cualquier caso, yo matar, no mato ni una mosca.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Ramón do Bispo, que tiña a súa tenda na nosa casa, coidábanos e deixábanos remexer nas gabetas dos botóns. Tivo unha das primeiras televisións para ver os touros, aínda que nos deixaba ver Antena infantil e os primeiros debuxos animados. Na tardiña tamén ía xente maior para ver Estudio1. El Conde de Montecristo lograra xuntar medio barrio.

Carlos Miranda Trevín /A Pontenova

No Seminario, mentres eu estiven, non tiñamos televisión. Había cando se celebraba un partido importante, porque tampoco podiamos dispoñer dun aparato de radio. Visto así parecen unhas normas moi duras, pero en cursos de cento e pico alumnos, se estabamos coa radio non estudiabamos e se tiñas que erguerte ás seis e medio da mañá non podías estar de pé coa radio posta.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Viviendo ya en Pastor Díaz, y siendo yo un adolescente, es cuando entra la televisión en mi casa.

Manuel Julio Reigosa Martín / Lugo

A televisión era un ben escaso nos principios da miña nenez. Teño que agradecer a Marcelino, aínda que él hoxe non poida escoitarme, a Marcelino Carballido Vigide, o Ferroviario, que vivía a uns metros da nosa Casa de Castro que me permitira ver naquelas noites da fin de semana Los hombres de Harrelson. ¡Cacho serie! Era ideal. Na miña casa aínda non se decidiran a mercala, ao igual que noutras moitas casas de arredor. A súa dona Xosefa, subía cedo ao dormitorio, pero Marcelino, a pesar de que non lle interesaba nada a serie, alí aguantaba estoicamente, mesmo acurrucando a cabeciña sobre o mármore da cociña coas pestanas caídas polo sono a que eu rematase de ver a miña serie favorita. Era algo moi tenro que sempre recordarei.

Chema Núñez Losada / Lugo

Do cine soamente libraba os mércores porque tocaba limpar a casiña e coidar dos fillos e os netos. Nin de xubilada vexo películas no televisor, porque me gustan máis os concursos de gañar e perder cartos, e sobre todo, ler revistas.

Luisa Sánchez Vázquez / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius.

Comentarios