Centrocampista do Iberia

Adrián García Torviso marcou de penalti no desconto o gol da vitoria

Segunda Galicia Norte
IBERIA_ADRIANCUBE
photo_camera IBERIA_ADRIANCUBE
O Iberia non cede e mantén unha semana máis a segunda praza da táboa logo de vencer ao Cabreiros por 1-2. O gol da vitoria foi obra de Adrián García Torviso, no tempo de desconto e de penalti. Pero foi o local o que abriu o marcador descolocando ao rival, que non logrou o empate (un gol de córner de Borja) ata o tramo final, malia as ocasións das que dispuxo durante as dúas partes. O partido acabou cun paradón de Alonso no último minuto.