jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Adolfo Rodil

Tiven a fortuna de compartir responsabilidades directivas en dúas sociedades culturais e puiden apreciar a súa calidade humana. Non lle fixo xustiza a vida na traxectoria vital de intelixencia, respecto, tolerancia e empatía amables. Todo co sorriso de seu. A bondade ás veces custa cara. Porque, non parece xusto, pero segundo Montesquieu «mesmo a virtude precisa de límites». Onde ten que estar non lle faltará a boa música e a compañía dos seus afectos do Rocho Musical, do Círculo e da Filarmónica. Ao mellor, aínda se atreve a acariñar a guitarra cunhas notas do seu admirado Sabicas. Xulián Parga.

Adolfo Rodil
Comentarios