Adianto do Táboa Redonda do próximo domingo: Escaleira ao ceo

Lois Pérez escribe sobre Jimmy Page, o guitarrista que fundou Led Zeppelin e rebentou un refuxio antiaéreo. Manuel Gago pode recitar dúas letanías: o credo e unha maridaxe do Celler de Can Roca. Javier Nogueira opina que o ensaio ‘Con la Biblia y la Parabellum’ amosa con acerto a complexidade das relacións entre Igrexa e terrorismo vascos.  Portorosa apunta que as rosas e as cascudas son elementos da mesma realidade. Antonio Costa Gómez visita Creta para converterse en devoto da Deusa das Serpes. Juan Tallón conta o xeito en que Bret Easton Ellis de ‘White’ sobreviviu ao Bret Easton Ellis que triunfou con ‘American phsyco’. Jaureguizar atopa unhas memorias de infancia reiterativas na novela ‘Malaherba' de Manuel Jabois.

Comentarios