Domingo. 26.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 26.05.2019
El tiempo

La actuación de Andy y Lucas, el principal reclamo de las fiestas de Burela

andyLucas20101125-634262909726507418.JPG
andyLucas20101125-634262909726507418.JPG

Burela será esta noite o escenario dun concerto que, sen dúbida, atraerá á vila a centos de persoas dos máis diversos puntos de Galicia e de Asturias, dado que a localidade mariñana acollerá un esperado concerto, o que ofrecerá Andy y Lucas. O dúo gaditano presentará ante o público que se congregue no peirao local o seu último traballo, ‘Pido la palabra’.

Editado en novembro de 2010, a canción homónima está adicada á moza Marta del Castillo, quen desapareu en xaneiro de 2009.

Deste xeito, o dúo gaditano amosa unha vez máis o seu fondo compromiso social. Non hai que esquencer neste senso que Andy y Lucas colaboran, por exemplo, coa Asociación Escuela Cultura de Paz.

Os seguidores do grupo non só poderán disfrutar dos sons do seu último traballo, xa que, ademais, este fará un percorrido polos seus temas máis coñecidos.

Pero, ademais, no peirao burelés iníciase tamén esta noite a rolda de verbenas que, con motivo da celebración das patronais da vila, encherán de música dende hoxe ata o luns as festas locais. A orquestra Master será a encargada de abrir a quenda, mentres que mañá será o turno de Abanico e París de Noia; o domingo tocarán na localidade Palladium e Charleston; e Philadelphia e Aché pecharán as patronais.

Outra cita musical a destacar é o concerto que ofrecerán mañá a Banda de Música de Burela e a Banda de Guitiriz. Pero tamén haberá outras moitas citas musicais, como os animados pasarrúas. A festa, polo tanto, está servida.

La actuación de Andy y Lucas, el principal reclamo de las fiestas...
Comentarios