lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Actos das Letras Galegas

Charlas e concertos en Viveiro co gallo das Letras con música Ourol acolle varios obradoiros e unha disertación de Carlos Nuevo, que hoxe tamén está no Casino viveirés

Os días fortes das Letras chegan a Viveiro con variedade de actos. Este luns, ás oito e media da tarde, o Casino de Viveiro acolle unha charla de Carlos  Nuevo Cal, o cronista viveirés, á que seguirá un concerto do grupo de voces Sons de Celeiro.

A Banda de Música de Viveiro porá o punto e seguido na sala multiusos do concello ás nove da noite, nun concerto organizado polo Concello.

Este martes 17 está previsto o concerto da coral Alborada e do grupo Sons de Celeiro na Praza da Fontenova, dentro das Letras con Música, que inclúen a saída á rúa das librarías Neira e Porta da Vila. Será ás doce do mediodía.

O teatro Pastor Díaz acollerá ás nove da noite deste xoves 19 a proxección 'Cantando a Manuel María'.

Ourol tamén acolle este luns un obradoiro, que inclúe un mural sobre a obra e vida de Manuel María, que se exporá o martes no multiusos, pasando despois á casa da cultura. Ademais farán un marcapáxinas e un obradoiro literario. As actividades serán de catro a sete da tarde para nenos de entre 6 e 14 anos.

A presentación dos traballos será este martes ás once no multiusos, unha hora despois haberá unha charla a cargo de Carlos Nuevo, seguida dunha actuación musical á unha e pecharase cuns pichos á unha e media.

Actos das Letras Galegas
Comentarios