Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Achan tres asas de bronce e outra de ferro nas escavacións de Viladonga

As asas, onde se atoparon
As asas, onde se atoparon
As pezas, "excelentemente conservadas" e "coidadosamente gardadas" foron localizadas durante os traballos na zona suroeste da croa

As escavacións que está a levar a empresa Terra Arqueos no Castro de Viladonga, en Castro de Rei, seguen a dar os seus froitos. O último achado consta de tres asas de bronce e outra de ferro «excelentemente conservadas».

«Pertencen a pequenos caldeiros ou acetres, de entre 21 e 23 centímetros de diámetro e ademais unha das de bronce está decorada con incisións xeométricas de catro aspas», explica o director de restauración do proxecto, Miguel Ángel López. As asas estaban apiladas, «coidadosamente gardadas», preto de oito pesas de pedra con perforación.

Todos estes elementos localizáronse nos traballos que se están a levar a cabo na zona suroeste da croa, nunha zona que nunca fora escavada antes, coa que se están sacando á luz unhas estruturas descubertas parcialmente por Chamoso Lamas nos anos 70.

Esta actuación permitiu definir por completo «unha construción de planta rectangular organizada en tres dependencias». Na estancia central deste conxunto doméstico, que podería ser un almacén ou un lugar de traballo, foi onde se localizaron estas catro asas, tal e como se explica no blog da campaña Intevencionviladonga17.

Achan tres asas de bronce e outra de ferro nas escavacións de...
Comentarios