Accidente granate en Pasarón

O Racing Vilalbés deu onte mostras de debilidade como líder da Terceira galega ao non pasar do empate (2-2) en Pardiñas ante o Somozas, e fíxoo grazas a un tanto de Dani no 87, aínda que os de Charly tiveron mala sorte cun gol en propia meta de Roberto.

Pero no grupo de perseguidores só o Ourense parece querer o liderado. Onte, no Couto, sufriu pero sacou adiante o partido ante o Ordes cun solitario gol de Eder á media hora. Logo, os de Patxi Salinas acabaron pedindo a hora.

Terceiro e cuarto están Alondras e Cerceda, que onte gañaron. Os de Cangas, por 3-2 ante o Vilalonga; e os coruñeses, por 2-0 no Roxos ao Betanzos.

O que perde fol nas últimas xornadas é o Pontevedra, que onte se estrelou en Pasarón, contra todo prognóstico, ante o Estradense, que gañou (1-2) con dobrete de Adão, un no primeiro tempo e outro no segundo. Maikel fixo o gol local.

Tampouco engala o Rácing de Ferrol de Aira, que colleitou un novo empate, nesta ocasión no Pardo Conchado de Oleiros, ante o Dorneda (1-1) nun partido no que os locais se adiantaron de penalti. Logo, ante oito, o Kamate empatou no 90, tras fallar Pablo Rey un penalti para os verdes.

E o Fabril impúxose ao Sanxenxo (0-3) con goles de Juan Carlos (2, un de penalti) e Cubillas.

Somozas

2

2

Racing Vilalbés

Negreira

2

1

As Pontes

Ourense

1

0

Ordes

Cultural Areas

1

0

Rápido de Bouzas

Dorneda

1

1

Racing de Ferrol

Xuventú Sanxenxo

0

3

Deportivo B

Alondras

3

2

Vilalonga

Lalín

0

2

Bergantiños

Pontevedra

1

2

Estradense

Cerceda

2

0

Betanzos

 

Pos

 

Ptos

PJ

G

E

P

GF

GC

1

Vilalbés

31

13

10

1

2

25

13

2

Pontevedra

29

13

9

2

2

17

10

3

Cerceda

26

13

8

2

3

24

13

4

Ourense

26

13

8

2

3

18

9

5

Alondras

24

13

7

3

3

21

8

6

Deportivo B

24

13

7

3

3

21

9

7

Rápido de Bouzas

22

13

6

4

3

19

13

8

Racing de Ferrol

18

13

5

3

5

16

16

9

Ordes

18

13

5

3

5

10

11

10

Dorneda

17

13

4

5

4

15

13

11

Bergantiños

16

13

3

7

3

14

14

12

Negreira

16

13

4

4

5

13

14

13

Vilalonga

16

13

5

1

7

14

16

14

As Pontes

16

13

4

4

5

12

20

15

Somozas

14

13

4

2

7

15

22

16

Estradense

12

13

3

3

7

18

21

17

Xuventú Sanxenxo

10

13

2

4

7

12

18

18

Betanzos

9

13

2

3

8

7

18

19

Cultural Areas

8

13

1

5

7

12

25

20

Lalín

6

13

1

3

9

4

24

Comentarios