Abundante, aínda que aquí pouco visible

o MESMO día que se coñeceu unha enquisa na que se prevé un europarlamento con máis de 25 escanos con representantes de extrema dereita, un xuíz da Audiencia Nacional revogou a destitución do fillo do golpista Tejero nun posto de libre designación por celebrar o aniversario da sublevación militar contra a democracia no cuartel da Garda Civil que dirixía, festa na que participaron seu pai e outros protagonistas do 23-F.

España non é allea a este extremismo xenófobo e ditatorial que medra en Europa, aínda que aquí non está visibilizado, figura diluído; pero se alguén deixa de sentirse cómodo noutras formacións e logra aglutinar este sentimento radical a situación institucional cambiará. Porque España non é excepción a Austria, Bélxica, Italia, Eslovaquia ou Suecia, con Francia e Holanda como abandeirados deste movemento. Aquí vense pouco, pero habelos hainos, e ben deles.

Comentarios