'Abril de lume e ferro' revivirá o motín militar de Solís en Lugo

Algúns responsables da montaxe presentaron onte a obra xunto a Mario Outeiro (segundo á dereita) .
photo_camera Algúns responsables da montaxe presentaron onte a obra xunto a Mario Outeiro (segundo á dereita) .

A obra de teatro ‘Abril de lume e ferro’ recreará este sábado nos Xardíns da Deputación (21.00 horas) o alzamento militar do coronel Solís en 1946 en Lugo e o seu fusilamento, o 26 dese mesmo mes en Carral xunto a outros oficiais coñecidos como os Mártires de Carral, uns acontecementos que provocaron a constitución da primeira Xunta de Goberno de Galicia e que son o xerme do primeiro movemento de reivindicación galeguista.

‘Abril de lume e ferro’ é unha obra de teatro escrita polo chairego Manuel María. Na escenificación, que tamén conta con ambientación musical, interprétase asemade un poema de Manuel María, musicado por A Quenlla.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios