Rulfo Páramo

O centenario de Juan Rulfo chegará en maio. Ramón Rozas adiantouse para contarnos as razóns polas que un autor con dúas obras breves é un referente da literatura en español. Antonio Costa relata unha viaxe a Saraxevo, onde atopa a viveza da cultura sefardí a través da escritora Gordana Kuic. Convidamos a escribir a Manuel Veiga, que nos fala da ferinte visión da familia que ofrece o novelista David Vann. Javier Rozas reivindica á poetisa canadiana Elizabeth Bishop, como fai Portorosa con Philip Roth tras a lectura da súa Triloxía Americana. Manuel Gago aidanta a Semana Santa cun artigo no que mira á morte con distintas perspectivas. O pasamento, como desgraza intrerminable, tamén está presente no artigo de Jaureguizar.

Comentarios