O apoio continuado de Gadis ás Letras Galegas

A empresa editou o fanzine Tirabeque, que inclúe unha escolma de creacións de 12 artistas emerxentes galegos que fan a súa propia interpretación da marca
Gadis repartirá un total de 30.000 exemplares do fanzine Tirabeque este martes día 16 nos seus puntos de venta ata agotar existencias
photo_camera Gadis repartirá un total de 30.000 exemplares do fanzine Tirabeque este martes día 16 nos seus puntos de venta ata agotar existencias

Achégase o 17 de maio, día das Letras Galegas e, dende Gadis, van celebralo como o veñen facendo dende os últimos 20 anos: poñendo en valor a nosa riqueza literaria. 

Son máis de dúas décadas apoiando a creación e difusión de obras literarias en galego. Impulsando a autores emerxentes e, ao mesmo tempo, rendendo homenaxe a outros consagrados e, por suposto, aos protagonistas do día das Letras Galegas cada ano. 

Exemplo disto son as iniciativas dos dous últimos anos: 15 voces da nova poesía galega no 2021, un libro que recollía as obras de 15 poetas emerxentes de Galicia, e Versos na Rúa no 2022, unha campaña que levou versos da literatura galega ás rúas de diferentes municipios e cidades galegas, pintándoos en pasos de peóns, fachadas e muros.

Talento emerxente e novos formatos

Este ano, Gadis volve sorprender cunha acción que vai máis aló, e exhibe non só as nosas letras, se non tamén a arte e os novos formatos gráficos como a banda deseñada e a ilustración. Concretamente, a empresa 100% galega editou un fanzine que, baixo o nome de Tirabeque, inclúe unha escolma de creacións de 12 artistas emerxentes galegos que fan a súa propia interpretación da marca Gadis. 

Co obxectivo de achegar a cultura galega, nas súas diferentes formas, aos seus clientes, Gadis repartirá un total de 30.000 exemplares do fanzine Tirabeque este martes día 16 nos seus puntos de venta ata agotar existencias. Ademais, tamén entregará bolsas conmemorativas e marcapáxinas coa imaxe do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Francisco Fernández del Riego.

Ademais, a empresa daralle continuidade a este sinalado día, mediante o lanzamento dun concurso de vídeos en TikTok, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, no que se premiarán as melloras pezas en galego de diferentes disciplinas artísticas (arte, música, audiovisual e poesía). O obxectivo é potenciar e recoñecer o talento da mocidade que utiliza este idioma para crear contidos orixinais e innovadores nas redes sociais.

Compromiso coa cultura galega

Esta iniciativa forma parte do compromiso de Gadis coa súa contorna, promovendo proxectos como este, que poñen en valor a riqueza cultural e artística e tamén o talento emerxente. Máis alá das Letras Galegas, a empresa leva a cabo diferentes accións durante todo o ano, como as súas emblemáticas campañas de Vivamos como Galegos, ou as diferentes colaboracións con entidades que traballan pola promoción da lingua, a cultura e a arte: festivais de música e cine como o Festival de Ortigueira ou o Festival de cine de Cans; mostras de arte como a Feira da Arte Galega, e organismos como a Fundación Luís Seoane, o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporáneo ou a Casa Museo Rosalía de Castro, entre moitos outros.

Conscientes do gran potencial creativo que hai en Galicia, Gadis continúa impulsándoo para contribuír a popularizar ós artistas ao pé de rúa. E Tirabeque é un dos múltiples exemplos deste firme e histórico compromiso adquirido hai máis de dúas décadas, promovendo accións e apoiando acontecementos para poñer en valor a cultura propia, nas súas diversas manifestacións. No ámbito da literatura, cabe destacar a edición de máis de 360.000 exemplares de obras literarias de autores noveles e outros consagrados escritos en galego, cos que agasallou aos seus clientes, desde a convicción de que a lingua une e reforza a identidade común.

Más en Noticia patrocinio
Comentarios