'Yes, we did it': Obama hace historia

Cumpriuse o soño do cambio. Unha maioría esmagadora converteu a Barack Obama no primeiro presidente negro dos Estados Unidos. Gañou ata nos estados decisivos de Florida, Ohio, Pensilvania e California. ''América envioulle unha mensaxe ao mundo'', dixo o presidente electo no seu primeiro discurso. Hoxe é un día para a historia.

08.00 horas:
A falta de que se resolvan por completo os escrutinios nos estados de Indiana, Montana, Missouri, Carolina do Norte e Alaska, os votos quedaron repartidos por estados deste xeito.

Os demócratas gañaron en Washington, Oregon, California, Nevada,  Minnesota, Iowa, Wisconsin, Michigan, Illinois, Ohio, Pensylvania, Nova Iorq, Vermont, New Hampshire, Maine, Massachussets, Rhode Island, Conneectivut, Nre Jersey, Delaware, Maryland, Hawaii; as grandes sorpresas, por 'territorios indecisos', Florida e Virxinia; e os 'miragres latinos' Colorado e Novo México.

En Indiana líbrase unha loita por un puñado de votos: 1.348.277 para Obama (49,9%), 1.325.514 para McCain (49%). O mesmo ocorre en Carolina do Norte: gañan os demócratas por 2.101.986 votos, fronte aos 2.089.826 dos republicanos.

O partido republicano fíxose cos delegados dos estados de Idaho, Wyoming, Dakota do Norte, Dakota do Sur, Nebraska, Utah, Kansas, Oklahoma, Texas, Arkansas, Kentucky, Virxinia do Leste, Tennessee, Carolina do sur, Alabama, Mississippi e Louisiana. Tamén nos indecisos de Arizona, Xeorxia e Montaa. En Missouri o resultado, aínda en reconto, é máis axustado, aínda que se prevé que favorecerá a McCain: 1.407.732 votos para o demócrata (49,7%), 1.390.155 (49%) para Obama.

É previsible ademais que o feudo de Sarah Palin, Alaska, vote vermello.

Por que venceu Obama?
Os demócratas lograron facerse coa vitoria nos estados-indecisos-chave, os que máis delegados aportaban: Florida (27), Ohio (20), Virxinia (13) e, se se confirman os derradeiros datos, Indiana (11) e Carolina do Norte (15). En total, 86 votos electorais.

Porén, McCain só acadou o triunfo en estados indecisos que non eran 'bisagra', é dicir, que aportaban poucos delegados. Dakota do Norte (3), Arizona (10), Xeorxia (15), Montana (3) e Missouri (11), valéronlle ao candidato demócrata 42 votos electorais.

Dacordo con estes resultados, os demócratas acadaron 338 votos electorais; 159 os republicanos.

No Senado, os asentos azuis ascenden aos 56; 40 os vermellos. E na Cámara de Representantes haberá 245 congresistas demócratas e 162 republicanos.

O 4 de novembro de 2008, os Estados Unidos de América vestíronse de azul. E coas palabras do seu novo presidente electo: ''Cando nos digan que non podemos, nós imos contestar con este berro que resume o espírito do noso pobo: <<Si que podemos>>''

07.00 horas:
Polos momentos ofrecidos, e por eses 13 delegados obtidos -co correspondente apoio cidadá por detrás-, tamén merecen o seu espazo. 

(Sarah Palin e McCain agradacen o apoio aos seus votantes en Phoenix)


06.50 horas:
Dous de cada tres latinos apoiaron a Obama segundo as estimacións dos medios de comunicación estadounidenses. As elevadas cifras de particiapción acadáronse grazas aos máis novos e á campaña dos demócratas en internet.

Ambos candidatos falaban nos seus discursos do nacemento dunha nova América.

06.45 horas:  Obama prometeu ás súas fillas un cachorro cando chegara á Casa Blanca. Parece que o gato de Clinton, 'Socks' ('Calcetíns') pronto vai ter sucesor na categoría de mascota nacional.


(Clinton co seu famoso gato 'Socks')
 

06.35:
Segundo a CNN, Obama conta con 338 votos electorais fronte aos 156 de McCain. No Senado, 56 a 40; 235 contra 148 na Cámara de Representantes.

05.57 horas:
A familia Obama ao completo sae ao estrado en Chicago.

O presidente electos dos EEUU afronta o discurso máis importante da súa carreira política: ''Se aínda alguén se pregunta si América é o lugar onde todo é posible, se alguén dubida que permanece vivo o espírito dos nosos Pais Fundadores... A resposta está nas colas de persoas que foron  votar porque creron na posibilidade dde que hoxe podían cambiar as cousas. Os mozos falaron, os maiores, os discapacitados [...]. América envioulle unha mensaxe ao mundo. Seguimos a ser os Estados Unidos de América''.


Agradecementos para McCain pola súa felicitación, para Palin, para o compañeiro Joe Biden... pero tamén ''para o meu amor e compañeira, a futura primeira dama, Michelle Obama''. E, por suposto, un recordo emocionado para a avoa.

''Pero, por riba de todo, nunca olvidarei a quen corresponde esta vitoria: a todos vós''. ''Demostráchedes que un goberno escollido polo pobo e para o pobo é posible. Esta vitoria é vosa''.

Os tempos son difíciles, haberá reveses, ''non todos estarán dacordo coas miñas decisións como presidente''. ''Pero nunca alberguei tantas esperanzas. Nós, como pobo conseguirémolo''.

''Xa non é o cambio, é a oportunidade. Todos temos que asumir o sacrificio e arrimar o ombro, asumir este novo patriotismo. O pobo americano ten que loitar e non caer no partidismo envenenado''.

E a perla final, a eterna referencia de Obama: ''Como dixo Lincoln a unha nacion moito máis dividida que a nosa agora: <<non somos inimigos, senón que somos amigos>>''.  ''Eu oín a vosa voz e tamén serei o voso presidente''.

05.50 horas:
''Dende os prodixiosos picos de New Hampshire. Dende as poderosas montañas de Nova Iorq [...] dende as alturas de Pensylvania. ¡Deixen repicar a liberdade dende as Rocosas montañas de neve de Colorado, dende as sinuosas pendentes de California. Dende calquer tipo de montaña deixen repicar a libertade. E cando esto suceda, cando deixemos de repicala en cada aldea, en cada vila, de cada estado e de cada cidade, poderemos á fin acelerar a chegada daquel día en que todos os fillos de Deus, negros e blancos, xudeos e cristiáns, protestantes e católicos, poderán xuntar as súas mans e cantar as palabras do vello espiritual negro: <<Libres ao fin>>''




(Ás veces chega con soñar... e perseverar)


05.33 horas:
Os demócratas saen ao estrado. Obama non deixa ningún detalle ao azar: un reverendo dá gracias a deus por inspirar ao pobo americano para que concedese a vitoria ao partido demócrata, aun candidato responsable e axeitado, ''que acaba de perder a unah persoa tan importante da súa familia'', como é Barack Hussein Obama.


05.30 horas:
O mundo hispano cae baixo o embruxo de Obama. Florida, Nuevo México e Colorado tínguense de azul no mapa de resultados da CNN.





05.18 horas:
Sarah Palin e John McCain comparecen en Phoenix.

''É o final dunha longa viaxe. O pobo americano falou e falou con claridade''. McCain asegura que xa felicitou ao senador Obama polo seu triunfo. ''Admíroo e felicítoo por ter conseguido isto''.

''Estou convencido de que EEUU ofrece oportunidades a todos quen perseveran'' di en referencia á procedencia afroamericana do novo presidente.

O candidato republicano aproveita ademais para transmitirlle a Obama o seu máis sentido pésame polo pasamento da súa avoa. ''Lamento que non poidera chegar a ver o triunfo do seu neto. Ía estar orgullosa de telo criado''


05.15 horas:
The New York Times titula a súa portada online: ''Obama, as barreiras raciais caen''. A Fox, a cadea máis conservadora dos EEUU abre con ''Obama presidente''


05.03 horas :
Pechan os colexios nos 3 principais estados da Costa Oeste: California, Hawai e Washington. A CBS proxecta 283 votos electorais para os demócratas. Catalógano de ''feito histórico, 44 anos depois de que os negros acadaran o dereito ao sufraxio''.

Chicago vibra coa confirmación televisiva. Barack Obama é presidente electo dos EEUU.


04.57 horas:
Os demócratas xa se sentan en 54 dos 100 sillóns do Senado -51 son os precisos para acadar o control da Cámara Alta-. Os republicanos tan só poden ocupar 38.

Os demócratas seguen a soñar cos 60 asentos. Na noite de Obama, todo é posible.

04.45 horas:
Agardando por Obama no Grant Park de Chicago, Illinois.



04.30:
Os republicanos comparecen no seu cuartel xeral. ''A carreira está aínda sen decidir din''. ''Hai que contar todos os votos''.  ''Non podemos gañar todas as eleccións pero non abandonamos ningunha, nunca tiramos a toalla. Non o faremos ata que saia o derradeiro resultado''. A esperanza é o último que se perde.


04.20:
Ninguén o dubida xa. A cantaxa en Florida faise maís grande. Iowa é seu;  e Carolina do Norte e Virxinia van tomando unha cor cada vez máis azul. Agora a pregunta é cal será o cumio en votos electorais do triunfo de Obama. Ou o que é o mesmo, a medida do fracaso republicano.

En Chicago agardan pola festa

04.00:
Aínda que en georgia ganou McCain, as mulleres da familia Davis non perden a esperanza. O cambio está cada minuto máis cerca. O The New York Times decanta o estreito empate de Virxinia cara o lado demócrata: 49,8 % fronte a 49,3%.


03.39:
Ohio y sus 20 delegados están en la cuenta personal de Barack Obama. Con el 27% del recuento hecho, el 65% de los votos de Pensylvania son también para los demócratas. Sólo falta Virginia (50% versus 50%) o Florida (51% versus 48% a favor de Obama)para confirmar la victoria demócrata. Lo dice la CNN.

03.20:
50% do escrutinio completado en Florida, Obama mantense 4 puntos por riba de McCain. En Ohio, co 9% contabilizado, os demócratas vencen por un 16%. Todos os medios de comunicación aseguran Pensylvania para Obama.

Os republicanos adxudícanse Xeorxia.


02.59:
Esta noite non só se elixe o presidente dos EEUU, senón tamén o lexislativo. Os datos estimados da CNN dan 39 senadores aos demócratas e 26 aos republicanos. Se se fan tamén co Senado por maioría absoluta, os demócratas serían 'reis soberanos' do país.


02.50:
Co 41% dos votos escrutados, McCain recorta distancias con Obama en Florida. O demócrata só lle saca 3 puntos. Para compensar, co 52% contabilizado en Indiana, os republicanos só teñen unha vantaxa do 3%.

Pensylvania e Ohio parecen dos demócratas, pero tan só hai un 1% escrutado

02.45:
Estas eleccións deben o seu récord de participación a Barack Obama. O candidato demócrata logrou arrastrar ás urnas aos máis novos. Pero, sobre todo, e malia que moitos dudadan de se o que fora estudiante de Harvard, nado en Hawai, era 'suficientemente negro', á poboación de color.
Velaquí dous exemplos en Harlem, Nova Iorq.


02.15:
En España rezan por McCain. Un grupo de mozos segue os resultados na festa organizada polos demócratas estadounidenses residentes en España, esta noite no Círculo de Belas Artes de Madrid.
 


02.08 horas:
Dez 'estados seguros' pechan os seus colexios. Connecticut, Delaware, Illinois, Maine, Maryland, Massachusetts e Nova Jersey son para os demócratas. McCain vence en Oklahoma e Tennessee. 78 delegados para Obama contra os 34 de McCain. Son estimacións case indestructibles.

02.00 horas:
Pechan as urnas en Ohio e Virxinia Occidental.
Co 10% do escrutinio completado en Florida, Obama ten unha vantaxa de 15 puntos sobre McCain. Se se leva tamén os 20 votos de Ohio, Barack Obama tería un pé dentro do Despacho Oval.

01.38 horas:
Kentucky, Indiana e Virginia son, cos primeiros datos (menos do 15% escrutado), estados republicanos, en total 32 votos electorais.

Vermont, New Hampshire e, sorprendentemente, Florida, están do lado de Obama. 33 votos electorais.

01.32 horas:
Tim Robbins precisa 5 horas e unha orde xudicial para votar. O actor estadounidense e activista liberal precisou cinco horas e unha orde xudicial para poder exercer o seu dereito ao voto en Nueva York, porque o seu nome fora retirado do censo do seu centro electoral.

Despois de negarse a utilizar unha papeleta provisional - que podería acabar por non ter valor - o actor requeriu a atención da Xustiza para poder depositar o seu sufraxio. Outras trintena de persoas en Nova Iorq tiveron problemas similares.

01.10:
Obama 3- ;McCain 8. Ou o que é o mesmo, Vermont para os demócratas, Kentucky para os republicanos. Palabra da CNN

01.00:
Os demócratas xa quitan brillo ao seu triunfo.




Un home limpa as fiestras a proba de balas no escenario donde Barack Obama, falará ante os seus seguidores no Grant Park de Chicago, Illinois. Unha das maiores paranoias norteamericanas nas últimas semanas é o temor a que o senador demócrata sexa asasinado. (Foto: EFE)


00.45 horas:
As primeiras estimacións de voto (con só o 1% escrutado) dan como ganador a Obama en Indiana, uno dos estados-chave, con 11 votos electorais, e que tradicionalmente vota republicano. O demócrata imponse polo momento por un 50,5% fronte oa 48,4% de McCain.

En Kentucky, feudo republicano, McCain avantaxa a Barack Obama por 67,6% fronte a un 30,9%. Era unha vitoria agardada para o candidato republicano.

00.00 horas :
Pechan os primeiros colexios electorais e publícanse os primeiros resultados dos sondeos a pé de urna.

Cunha participación histórica -o The New York Times estimaba que 130 millóns de estadounidenses acudiran ás urnas- e colas de horas para exercer o dereito ao voto, as eleccións presidenciais de EEUU chegan á hora da verdade.

Reina o optimismo. Wal Street subiu un 3,28%. En poucas horas confirmarase o nome do próximo 'comandante en xefe' do país máis poderoso do universo coñecido.

Comeza a conta atrás.

Comentarios