Un cento de detidos nas protestas contra Sarkozy

Cando menos un cento de persoas foron detidas en varias cidades francesas polos disturbios e incidentes causados en concentracións contra o recentemente elixido presidente da República, Nicolás Sarkozy.

Os incidentes máis graves producíronse en París, onde arredor duns 500 mozos se manifestaban en rexeitamento do novo xefe de Goberno, cando a protesta dexenerou en actos violentos. Producíronse destrozos en coches e mobiliario urbano e houbo enfrontamentos coa policía. Noutras cidades como Lille, Lyon, Nantes, Marseille, ou Rennes tamén se produciron manifestacións, autorizadas ou convocadas de xeito espontáneo.

É a segunda noite de disturbios provocados polas protestas contrarias ao resultado electoral do 6 de maio. A noite na que se coñeceron os resultados das presidenciais saldouse con 730 vehículos queimados e 592 persoas detidas, segundo a policía. O líder do Partido Socialista, François Hollade, pediu aos manifestantes que deixen a violencia e expresen nas urnas o seu rexeitamento a Sarkozy, nas vindeiras eleccións lexislativas de xuño.

Comentarios