domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

''A-Space'', a CIA apúntase á web 2.0 co seu propio ''MySpace''

Foto dunha pala que identifica ós usuarios da 'Intellipedia' da CIA (Fonte: Wikipedia)
Foto dunha pala que identifica ós usuarios da 'Intellipedia' da CIA (Fonte: Wikipedia)

Os atentados do 11 de Setembro deixaron moitas conclusións críticas no seo do Pentágono. Unha das máis claras, a falta de comunicación entre os axentes e de canles para o intercambio de información que influíu á hora de prever o ataque de Al-Qaeda.

Unha das medidas para que isto non volva a ocorrer, é o lanzamento de “A-Space”. O Financial Times informa do lanzamento desta plataforma web para axentes da CIA, “A-Space”, similar a “MySpace"que é usada por millóns de adolescentes (e outros que non son tanto) en todo o mundo.

Será difícil que música e fotos das vacacións teñan a mesma presencia como en MySpace, ou que poidan ter algo equivalente a “Twitter”, pero gracias a “A-Space”, 17.000 axentes da CIA poderán ter o seu propio espazo web/blog, intercambiar informacións e correos electrónicos e superar as trabas que dificultan a comunicación no complexo e incomprendido mundo dos espías.

Non se trata do primeiro intento de revolución douspuntocerista das axencias de intelixencia dos Estados Unidos, que xa teñen o seu propio clon de Del.icio.us no que a “comunidade” pode intercambiar os seus enlaces preferidos. Tamén contan coa  “Intellipedia”, unha rede de wikis corporativos na que participan máis de 4.000 usuarios.

Reticencias dos espías
Como parece obvio, non transcenderon (aínda) novas sobre as medidas de seguridade coas que contará o sistema "A-Space". En todo caso, non parece fácil superar algunhas reticencias dos axentes á hora de compartir información tan sensible a través de redes informáticas.  Mike Wertheimer, membro do Department of National Intelligence (DNI) recoñece que existe “certa resistencia” a utilizar o sistema, polo que nunha primeira fase (¿beta?) só se usará de forma voluntaria.

Máis difícil aínda parece conseguir outro dos seus obxectivos, que outras axencias estranxeiras afíns como o MI-5 británico ou o Mossad israelí se sumen a un intercambio semellante. A incomprensión dos pioneiros.

''A-Space'', a CIA apúntase á web 2.0 co seu propio ''MySpace''
Comentarios