sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

Os blogueiros queren sindicarse (e non falamos de feeds)

Cando en España aínda comeza a asentarse a idea dos blogueiros profesionais, nos Estados Unidos as redes de blogs, nas que os contidos se pagan, son unha realidade cotiá. Pero as condicións, como en moitos novos negocios, están sen fixar. Unha empresa pode pagar ós blogueiros por artigo, mentres que outra lles paga cunha porcentaxe dos beneficios.

Os prezos non están unificados, nin as condicións de traballo. Por iso, dende un grupo de blogueiros de tendencia esquerdista do país norteamericano nace a idea dun sindicato de blogueiros, que defenda e regule as súas condicións laborais.

Esta proposta está a atopar moitas opinións contrarias, mesmo nos Estados Unidos. Principalmente porque a grande maioría das persoas que manteñen un blog o fan por afición, e incluso as que cobran polos seus posts o consideran unha actividade complementaria. Xuntar no mesmo cesto ás persoas que escriben un blog persoal que para os profesionalizados blogueiros políticos que tanta influencia están a acadar en Norteamérica non acaba de parecer moi atinado.

Sen embargo, hai outras voces, como a de Octavio Rojas, que ven unha necesidade inevitable. Aínda que non exista unha unidade xeográfica nin laboral dos blogueiros, si hai necesidades que comparten. ¿Que pasa cando un blogueiro rompe a súa relación cunha empresa? ¿Seguirá cobrando unha parte dos ingresos por publicidade que xeren os seus posts? ¿Poderá pedirlle á empresa que retire o que escribiu? Estas son algunhas preguntas que, segundo Rojas conviría responder de maneira conxunta, e non segundo o criterio de cada empresa.

Os blogueiros queren sindicarse (e non falamos de feeds)
Comentarios