Os bispos de Brasil pedirán ó Papa poder celebrar misas por Internet

A Igrexa Católica Brasileira pedirá ó Papa que considere as celebracións litúrxicas a través de internet, nun dos documentos que lle entregarán durante a súa visita ó país. O novo secretario xeral da Conferencia Nacional de Obispos de Brasil (CNBB) afirmou que "xa non se pode falar de evanxelización dos mozos sen discutir este tema". Os bispos consideran que non se deben deixar atrás as novas tecnoloxías para poder achegarse ás xeracións máis novas.

O Papa chegou onte a Brasil, onde realizará unha visita pastoral os próximos cinco días. No aeroporto foi recibido polo presidente Luiz Inácio Lula da Silva. Un dos temas que Benedicto XVI quere tratar na súa viaxe é a expansión do protestantismo, que asegurou que era a súa maior "preocupación", e amosou a súa convicción de que o futuro da Igrexa católica decídese en Brasil.

Comentarios