Ás aforas de Irpin

Aleksander cóntanos o inferno polo que pasou e pídenos por favor que non o gravemos chorando, "os homes ucraínos non choran"
Marcos Méndez, este venres con Viktor, protagonista do seu artigo do xoves. M.M.
photo_camera Marcos Méndez, este venres con Viktor, protagonista do seu artigo do xoves. M.M.

CHEGAR A Irpin é toda unha odisea. A ponte que a une coa capital foi destruída ao comezo da invasión para evitar que os rusos chegasen a Kiev. Hai que meterse por estradas secundarias, cheas de checkpoints e polas que aínda, de cando en vez, se oen explosións. Nas beiras da autoestrada que pasa por aquí, que está pechada ao tránsito, acumúlanse coches Aleksander cóntanos o inferno polo que pasou e pídenos por favor que non o gravemos chorando, "os homes ucraínos non choran" cheos de furados feitos polos tanques rusos, outros directamente quedan feitos chatarra no medio da estrada e hai que sortealos.

Nunha desas bisbarras das aforas de Irpin atopamos a Aleksander Romanovich. Ten 72 anos e aguantou todo este mes agochado nunha cabana da súa casa rodeado dos tanques e soldados rusos. No seu barrio non hai ningunha casa que non se vira afectada polos bombardeos ou directamente polos disparos da artillería e os tanques rusos. El aguantou porque di que é o seu lugar, e malia que a familia marchou el non quixo. "Se fose máis novo aínda lles tería cortado a cabeza a algún deses rusos", dime mentres me amosa a súa fotografía cando estaba no exército.

Aleksander Romanovich mostra unha foto da súa xuventude. M.M.
Aleksander Romanovich mostra unha foto da súa xuventude. M.M.

Unha bomba que caeu na piscina da casa do seu veciño Vitaly fíxolle sangrar o nariz e os oídos, ten marcas de metralla por todo o seu corpo branco e arrugado, pero a súa determinación por seguir adiante está intacta. Imaxinade o que é vivir cinco semanas agochado, entre cascallos, sen electricidade, con pouca comida e co inimigo merodeando. Aleksander non pode deixar de chorar mentres nos explica como foron esas cinco semanas infernais, pídenos por favor que non o gravemos chorando, "os homes ucraínos non choran". Debía de ter ganas de falar con alguén porque sacou o álbum de fotos familiar e foinos presentando un por un a todas e todos. Cando nos iamos despedir quixo amosarnos o seu coche, unha furgoneta amarela, chea de furados de bala, de arriba a abaixo.

Hoxe entrou un grupo reducidísimo de xornalistas ao centro de Irpin. Estamos nunha listaxe e irannos chamando por quendas, hai que ir escoltado en todo momento, hai minas e probablemente aínda quede algún soldado ruso rezagado, polo menos polos bosques estanos buscando. Como nós non estabamos no grupo de privilexiados de hoxe estivemos ‘pirateando’ polas estradas da contorna, e fomos dar cun grupo de artificieiros do exército ucraíno que estaban investigando unha zona na que puidemos contar ata catro tanques rusos totalmente calcinados. Era a carón do cemiterio de Dmitrivka. Os militares estaban recollendo probas, mísiles que non estouraran e calquera evidencia que lles sirva para coñecer mellor o inimigo ou para acusalo de crimes de guerra se fora o caso. Aleksander xa respira tranquilo. Hoxe viu o seu fillo e sabe que o resto da familia está ben. Deixará a cabana da horta para durmir na súa cama despois de 5 semanas.

Comentarios