Miguel Gómez, apicultor: "É algo terrible porque son moi malas de matar e, aínda que cazo moitas, veñen máis"

El epicentro de la imparable plaga de avispas asiáticas se asienta en los ayuntamientos de A Mariña Occidental

A véspora foránea continúa aumentando no territorio galego e os apicultores prevén un agosto díficil pola cantidade de niños. O insecto invasor pon en perigo a supervivencia dos panais e das abellas ao ser a súa principal fonte de alimentación
Tamaño dun exemplar de vespa velutina obreira en relación cunha moeda de 20 céntimos
photo_camera Tamaño dun exemplar de vespa velutina obreira en relación cunha moeda de 20 céntimos

A véspora asiática (vespa velutina nigrithorax) continúa gañando terreo por toda Galicia onde a especie se adapta e multiplica a un ritmo alarmante. Os datos oficias da Xunta, referidos á retirada de niños, amosan un aumento xeralizado en todas as provincias excepto na lucense, onde polo de agora retiráronse a medate. A pesar de todo, Lugo, e máis concretamente a comarca da Mariña, é a zona máis afectada polo insecto foráneo sendo os concellos de Viveiro, Xove e Cervo os máis prexudicados segundo informes do organismo autonómico.

O descenso de niños de vespa velutina retirados na provincia que se contabilizan non está relacionado con unha disminución da plaga na zona, todo o contrario. Para Suso Asorey, biólogo e secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), «augúrase un mes de agosto realmente difícil e complexo xa que, aínda que durante a estación primaveral puxéronse moitas trampas para atrapar as raíñas fundadoras e se eliminaron unhas dez mil, agora en verán, a súa época de transición, a cantidade de niños que están a aparecer impresiona».

Máis aló, Asorey, experto na detección e asesoramento desta especie mostra a súa fonda preocupación, tendo en conta que aínda faltan semanas para o máximo apoxeo da especie que terá lugar o próximo 15 de agosto. «Na zona da Mariña é realmente alarmente porque os niños xa non aparecen só nas árbores, como ocurría o ano pasado, atópanse en todas partes, desde silveias, ata nas rúas ou nas cornisas dos edificios e é fundamental que a xente aprenda a comportarse ante elas», aclarou o biólogo. A progresión do insecto é asombroso,tendo en conta que «o ano pasado retiramos en total uns 24.000 exemplares e nos sete meses que levamos xa van unhas 15.000 capturadas, polo que os datos oficiais non coinciden. Hai bastantes máis das que se contabilizan» comentou o experto.

Un factor fundamental na loita contra as vésporas asasinas de abellas é a prevención e sensibilización sobre esta especie, xa que o descoñecemnto está traendo incidencias bastante graves. Hoxe en día, o único método seguro para combatilas é a través dun protocolo de actuación chamando ao 012 para que a empresa Tragsa se encargue da retirada dos niños cun insecticida do que dispoñen e, xa nesta época de verán na que se encontran en auxe polo calor e a humidade, tratar de eliminar ou capturar con trampas as que se vexan durante e mañá e pola noite. Intres escollidos pola vespa velutina para saír en busca de alimento e, por tanto, á caza das abellas.

A retirada irresponsábel dun enxame de vespas velutinas trae máis perigos que a propia violencia e protección do niño por parte da especie asiática, dado que xa se contabilizaron casos de retiradas de enxames de vésporas autóctonas (vespa crabo) e é primordial que se preserve esta especie por ser o principal competidor territorial da especie invasora.

A vespa velutina nigrithorax se diferencia da autóctona na morfoloxía do seu corpo. Ademáis de destacar polo seu gran tamaño, as raíñas miden uns cinco centímetros e, o resto de exemplares, ao redor de tres, a especie asesina é practicamente negra, co cuarto segmento do seu corpo dun característico cor amarelo. As súas patas son de color marrón con esquinas da mesma cor amarela. Máis aló, crean dous tipos de nidos, un inicial, similar ao da véspora local, e outro máis grande, de acceso lateral, de ata 2000 exemplares.

Esta voraz especie de véspora tamén se alimenta de insectos como arañas ou bolboretas pero máis do 80 % da súa alimentación está baseada nas abellas melíferas, ás que esperan fóra das colmeas para, á súa chegada, decapitalas e desmembralas quitándolles as alas e as patas para quedarse só co tórax. Pero os danos nas colmeas van moito máis aló xa que, ademáis da masacre das obreiras, as vésporas asiáticas tratan de entrar para roubar o mel, e o estrés que lles xenera ás abellas melíferas o asedio das súas colmeas provoca que non queiran saír e perigue a propia supervivencia do panal.

O agravamento desta situación continúa facendo soar as alarmas polas devastadoras consecuencias medioambientais que podería acarrear a desaparición das abellas autóctonas. Unha extinción que ameazaría a propia vida e alimentación humanas. Aínda que a véspora asasina tamén está traendo graves consecuencias para o sector frutícula porque desfán á froita para poder alimentarse, sobre todo as máis doces como as uvas ou os figos.

Feromona

Aínda que apicultores e froiticultores tentan defenderse da plaga con trampas e outros métodos caseiros, á única vía realista para exterminar esta plaga continúa pasando por «atopar unha feromona coa que atraer ás raíñas na época na que crean os seus niños, é dicir, durante os períodos de primavera e outono. O problema é que a hormona que necesitamos todavía se está investigando en Francia e avanza de forma moi lenta cando é, realmente, un ben de primeira necesidade, xa que compre frear con moita rapidez esta expansión e para iso temos que actuar canto antes. Previsiblemente, a situación vai ir a pior e facéndose todavía máis complexa. Claro exemplo é que dende a zona da Mariña xa se extendeu ata chegar a Ortigueira ou a Ferrol», fixo fincapé Xesús Asorey.

Comentarios