O XXV certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo premia a seis estudantes

A entrega dos premios terá lugar o 3 de febreiro ás 17.00 horas no Vello Cárcere
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera Os premiados no certame Trapero Pardo de 2019. ARQUIVO

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou ás seis persoas gañadoras do XXV certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. "Apoiamos a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural", indicou Felipe Rivas.

O certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que terán tres premios cada unha. Cada un dos gañadores recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. O acto de entrega terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro luns, 3 de febreiro.

Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200 euros, foi Rosalía Bernárdez, do IES Leiras Pulpeiro, seguida de Samuel Viño, do Colexio Divino Maestro, con 100 euros de premio e de Mencía Álvarez, do IES Lucus Augusti, que recibirá un premio de 70 euros. Na categoría de 15 a 18 anos, María Pombo, do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, recibe o maior premio, valorado en 250 euros, seguida de Paula Pardo, do IES Ánxel Fole, con 130 euros.