A Xunta licita o proxecto da nova oficina de emprego e formación na Residencia

Situarase no edificio que acolle a unidade de saúde mental polo que non se empezará a construír ata que esta se poida trasladar ao centro de saúde integral, previsto para 2020

Recreación do futuro centro integral de A Residencia. EP
photo_camera Recreación do futuro centro integral de A Residencia. EP

A Xunta licita o proxecto básico e de execución da nova oficina de emprego e formación, que concentrará na Residencia as dous existentes actualmente na cidade, situadas en Acea de Olga e barrio Feixoo. O importe é de 56.842 euros e o prazo de redacción é de 4 meses.

As novas instalacións situaranse no que foi o antigo edificio administrativo do hospital Xeral, que alberga actualmente a unidade de saúde mental. Por ese motivo, en realidade, as obras de remodelación do inmueble non poderán comezar ata que esta sexa trasladada ao novo centro de saúde integral que se levantará onde estaba a antiga Residencia. Está previsto que ese centro, que reunirá centro de saúde, PAC. unidade do 061 e unidade de saúde mental, estará en pé en 2020, segundo os últimos cálculos da Xunta.

A Xunta explicou este mércores que a concentración das dúas oficinas de emprego nese edificio permitirá "un importante aforro anual en alugueiros". Como o edificio da unidade de saúde mental foi construído en 1973 é obxecto fundamentalmente de reformas interiores pero non de arreglos que afectasen á estrutura, a Xunta estima que será necesario unha importante rehabilitación antes de que as dúas oficinas poidan traballar aí.

Está previsto facer unha intervención integral no inmoble, que incluirá renovación de fachada, mellora do illamento térmico e sustitución das carpinterías exteriores por outras novas. O edificio ten cinco plantas (baixa, primeira, segunda, terceira e semisótano) e, nas catro plantas está previsto situar os servizos de emprego e formación, mentres que no semisótano estarán os servizos comúns e unha sala de conferencias.

O anuncio da licitación do proxecto publícase na edición do DOG de este xoves, co que se abren 15 días de prazo para a publicación de ofertas.

A obra formará parte do proxecto de renovación do barrio da Residencia, que segundo a Xunta ten como obxectivo a "transformación integral do antigo complexo sanitario", dotándoo de novos usos, eliminando barreiras e conectando a zona co centro da cidade.

Ese proxecto de novos servizos era unha recurrente reclamación dos veciños do barrio dende o momento no que pechou o antigo hospital Xeral.

Comentarios