miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Una víctima de violencia machista denuncia que no fue avisada de la salida de prisión de su agresor

El protocolo establece que cuando un reo de estas características sale del centro penitenciario debe darse aviso a la víctima, a su abogado y a la Policía

A Xunta de Galicia estudará o caso exposto pola asociación Se, hai saída en relación a unha muller vítima de violencia de xénero de Lugo que, supostamente, non foi informada da saída de prisión do seu agresor, ao que se atopou na rúa. Así o indicou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, ao ser preguntada por este caso e tras ratificar que ao seu departamento preocúpanlle cada unha das vítimas".

López Abella lembrou que o protocolo establece que Institucións Penais será o organismo encargado de informar da excarceración destes agresores, para que as forzas e corpos de seguridade do Estado poidan informar as vítimas, os avogados destas e a Policía. Por iso, a Xunta non participa directamente deste protocolo.

En todo caso, e tendo en conta a necesidade de apoiar ás vítimas, a secretaria xeral indicou que a Xunta estudará e analizará "o motivo" polo cal a muller non foi informada da saída do cárcere do seu agresor.

FONTES XUDICIAIS. Foi a presidenta da asociación Se, hai saída a que informou este martes deste caso, no que, segundo as súas palabras, a vítima atopouse pola rúa en Lugo co seu agresor, descoñecendo que este saíse de prisión.

Sobre este caso, fontes xudiciais explicaron a Europa Press que o xulgado ditou este luns un auto de posta en liberdade do home, ao cumprirse os dous anos de prisión preventiva que pode haber como máximo neste caso.

Iso notificouse ás 11,51 horas á procuradora da vítima, recepción aceptada ás 11,53 horas, precisan as mesmas fontes xudiciais, que engaden que até as 13,00 horas non se enviou o mandamento á prisión correspondente de posta en liberdade. Ademais, segundo explica a asociación Se, hai saída, non se avisou da saída do preso até as 16.00 horas da tarde.

O xulgado acordou, ademais, manter "todas as medidas de protección" da vítima, polo que as mesmas fontes xudiciais puntualizaron que se a muller atopouse co seu presunto agresor na rúa, tería que denuncialo á Policía porque incorrería en "quebrantamento" dunha medida xudicial.

Una víctima de violencia machista denuncia que no fue avisada de la...