martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

A xornalista de El Progreso Nieves Neira será a oferente a Rosalía no San Froilán

Nieves Neira. AIDA SOENGAS (AEP)
Nieves Neira. AIDA SOENGAS (AEP)
Maite Ferreiro: "o San Froilán 2021 contará con tres escenarios principais, ademais do recinto do San Froilán Miúdo e a carpa da praza da Soidade"

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro informou dos acordos tomados na xuntanza da Comisión de Festas da mañá.deste mércores. Nesta liña, comunicou o nome escollido pola Comisión para a ofrenda a Rosalía desta edición do San Froilán. A encargada será  a poeta e xornalista de El Progreso Nieves Neira.

Nieves Neira (Lugo, 1983) é licenciada en xornalismo e cursa estudos de doutoramento en literatura na USC. Traballa no diario El Progreso desde o ano 2013. No ano 2020 gañou o premio Johán Carballeira de Xornalismo pola reportaxe 'A fotografía, revelada', onde aborda a vida de Maruja Roca, pioneira da fotografía galega. Neira forma parte da Asociación para a Promoción das artes escénicas 3monos e do padroado da Fundación Uxío Novoneyra.

Ferreiro tamén deu conta aos grupos municipais dos avances realizados na contratación do alumeado e da produción do evento, e informou que "este ano contaremos con tres escenarios principais, situados nas prazas Horta do Seminario, Santa María e no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire".

Maite Ferreiro explicou que "contaremos tamén cos espectáculos para público familiar do San Froilán Miúdo no recinto do aparcadoiro municipal e con actividades na carpa da praza da Soidade". A área de Cultura está xa a ultimar os pregos para activar o procedemento de contratación no menor prazo de tempo posíbel.

A edil de Cultura explicou que "a todas as integrantes da Comisión nos gustaría que esta edición do San Froilán fose unha edición normal, pero compartimos que o importante é garantir a saúde e facer un San Froilán digno pero seguro".

Recinto Feiral

Ferreiro afirmou que "o protocolo da Xunta de Galicia require dun importante esforzo para permitir as dimensións do recinto feiral do San Froilán", e explicou que "a proposta do goberno vendo esta situación é non habilitar este espazo nesta edición do San Froilán". "Aceptamos a proposta da oposición e continuaremos a explorar vías para valorar a viabilidade de colocar o recinto feiral este ano", declarou Maite Ferreiro.

A xornalista de El Progreso Nieves Neira será a oferente a Rosalía...
Comentarios