Xa se coñecen os gañadores dos concursos de disfraces e espacarates do Samaín

Repartiranse 2.400 euros en premios
Marte Ferreiro presenta a programación do Samaín.EP
photo_camera Marte Ferreiro presenta a programación do Samaín.EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou os gañadores dos concursos de disfraces e escaparates organizados co gallo do Samaín en Lugo, "dúas citas que este ano repetiron o éxito do ano pasado e que permiten promocionar os disitintos comercios da cidade", explicou.

A área de Cultura repartiu en total 2.400€ en premios aos comercios participantes, e as persoas participantes no concurso de disfraces recibirán distintos paquetes de material editado pola área de Cultura.

Os establecementos participantes no concurso de escaparates tiveron que decorar os seus escaparates coa temática do Samaín. O xurado designado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua estivo composto por persoal técnico da área. O xurado valorou a composición estética, orixinalidade e adecuación á temática.

Os tres primeiros premios foron para a Vinissi distribución, Pauxi Pauxi, e Ferretería Veiga. Ademais, entregouse un accésit á Libraría Soños de Papel.

No concurso de disfraces, as persoas participantes debían fotografarse  cos  seus  disfraces relativos ao Samaín, entregándose tres premios en cada unha das redes sociais. As nove persoas gañadoras foron Diana Marcela Batero, Beatriz López Dorado e Carolina Caamaño López en Facebook, María Ascensión Alfonso García , José Manuel Pérez Afonso e Cristina Lorenzo Pardo en Twitter e Lorena Vázquez Rodríguez, Laura Pumariño Gandaras e Carolina Caamaño López en Instagram. 

Comentarios