Volve a Lugo o proxecto 'EnRedando co Galego'

A iniciativa foi presentada este martes polo tenente alcalde, Rubén Arroxo ► Busca potenciar o papel da lingua galega no ensino 
Presentación de 'EnRedando co Galego'
photo_camera Imaxe da presentación de 'EnRedando co Galego'. CEDIDA

Lugo celebrará unha nova edición da iniciativa 'EnRedando co Galego', que foi presentada este martes polo tenente alcalde Rubén Arroxo, Lois Pérez e Leo Arremecaghona. 

Durante 21 días o estudantado dos catro centros participantes poderá desfrutar de dúas experiencias diferentes que teñen como fin reforzar o papel da lingua galega no ensino.

Estas serán unha inmersión lingüística na que se compartan reflexións sobre o proceso vía redes sociais ou a elaboración dunha creación literaria en formato tradicional e dixital, que deberá ser enviada á Escola de Escritoras e Escritores de AELG. 

Ademais, a iniciativa tamén vai acompañada das actuacións musicais de Adaolado e Arremecaghona, e contará cun final de festa no que se realizará un intercambio de experiencias entre os estudantes participantes. 

Rubén Arroxo amosouse optimista coneste proxecto do que di "busca reverter a situación do galego no ensino e garantir o coñecemento da nosa lingua entre a mocidade". 

Comentarios