A área de Cultura e Lóstregos Lucus presentan unha nova edición de 'Desafío Lóstrego'

O prazo de inscrición abrirase o próximo 15 de maio e a proba celebrarase o vindeiro 25 de xuño
Imaxe da presentación da proba, este luns. CEDIDA
photo_camera Imaxe da presentación da proba, este luns. CEDIDA

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acudiu este luns á presentación da cuarta edición do 'Desafío Lóstrego' xunto a asociación Lóstregos Lucus. 

O desafío celebrarase o vindeiro 25 de xuño, comezará na capital e chegará ata O Incio. a ruta é apta para todo tipo de motos e haberá dúas modalidades a escoller: estrada ou trail. 

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 15 de maio, e os prezos será de 40 euros para o piloto e 80 para o acompañante. No prezo vai incluído o dorsal, a camiseta do evento, os adhesivos e o pasaporte 'Biker Friendly', ademais das tres comidas esenciais da xornada. 

Maite Ferreiro quixo salientar o valor da iniciativa e sinalou que "é unha proba xa consolidada que conta cunha gran participación, e trátase dunha oportunidade para coñecer Lugo dun xeito ameno e lúdico". 

Comentarios