Benigno e Nely, un matrimonio lucense que dura seis décadas

Hai exactamente 60 anos, esta parella casou na igrexa da Milagrosa, e o próximo domingo celebrarán as vodas de diamante na cidade
Benigno e Nely. EP
photo_camera Benigno e Nely. EP

A parella formada por Nely Dobao Arias e Benigno López Barreiro casou o 12 de agosto de 1962 na igrexa da Milagrosa de Lugo.

Ao facer sesenta anos desa data, o matrimonio celebrará as súas vodas de diamante, o vindeiro domingo, na cidade de Lugo.

Os familiares da parella e os seus amigos máis próximos desfrutarán dunha xornada na que, seguro, se entremezclan as lembranzas máis antigas, da mocidade, cos recordos que foron construindo ao longo destas seis décadas casados.

Comentarios