Visita guiada ao recén descuberto templo de San Xoán de Pena

O sábado realizarase unha mesa redonda para informar sobre a actividade arqueolóxica
Trabajos de excavación de los restos del antiguo templo de San Xoán de Pena. EP
photo_camera Trabajos de excavación de los restos del antiguo templo de San Xoán de Pena. EP

Este sábado 2 de xullo, ás 12.00 horas, realizarase na igrexa parroquial de San Xoán de Pena unha mesa redonda para informar sobre a actividade arqueolóxica que se está levando a cabo na capela. Esta charla materializarse cunha visita guiada polas excavacións do templo prerrománico descuberto recentemente.

O proxecto arqueolóxico levado a cabo pola Xunta, conseguiu atopar un templo que data do século VIII ou IX. A construción estaba nun balcón privilexiado sobre o río Miño e a limpeza de este terreo, permitiu entender como se aproveitou un saliente natural para fundar a igrexa.

Para os veciños, este descubrimento reforzou a riqueza patrimonial da súa zona. Ademáis, reabre antigas lendas que contan como o primitivo templo se construíu nunha zona abrigada na que aparece San Xoán.

A Consellería de Cultura da Xunta, que invertiu 12.000 euros nestas obras, busca garantir e facilitar as visitas de este emplazamento histórico. Tamén amosou a súa intención de estudar a zona e conservar os achádegos arqueolóxicos.

A mesa redonda polo pasado da parroquia contará co director das excavacións, Roberto Bartolomé; o responsable do Arquivo Diocesano, Óscar González, e o xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, Roberto Pena. Como organizador do evento figura Adrián Gómez e o xornalista Luis Pérez será o moderador.

Comentarios